From Wikipedia, the free encyclopedia
Un globo terrestre[1] ou unha esfera terrestre[2] é un modelo a escala tridimensional da Terra, sendo a única representación xeográfica que non sofre distorsión. Se ben a Terra é o planeta máis frecuentemente representado, existen modelos do Sol, a Lúa e varios outros planetas, incluíndo algúns ficticios.
Os globos terrestres adoitan montarse nun soporte en ángulo, o que os fai máis doado de usar representando ao mesmo tempo o ángulo do planeta en relación ao sol e ao seu propio xiro. Isto permite visualizar doadamente como cambian os días e as estacións.
O primeiro globo terrestre, chamado Globo Terrestre de Nürnberg, foi fabricado durante os anos 1490-1492 polo cartógrafo alemán Martin Behaim.
Un globo terrestre ten ás veces relevo, mostrando a topografía. Adóitase usar unha escala esaxerada para o relevo, de forma que resulte visíbel.
A meirande parte dos globos terrestres modernos inclúen tamén paralelos e meridianos, de xeito que se poida localizar unha situación na superficie do planeta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.