Profesor e investigador galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Germán Labrador Méndez, nado en Vigo o 3 de decembro de 1980, é un profesor, investigador e comisario de arte galego, especializado en historia cultural da España contemporánea.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1980 (43 anos) Vigo, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de California, Berkeley Université Paris-Sorbonne Universidade de Nova York |
Director de tese | Fernando R. de la Flor |
Actividade | |
Empregador | Universidade de Princeton Museo Raíña Sofía Universidade de Hamburgo |
Participou en | |
11 de xuño de 2018 | manifesto «Anovar o pacto constitucional» |
Aínda que nacido en Vigo, a familia residiu en Pontevedra desde 1984, onde estudou o bacharelato no IES Valle-Inclán. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Románica na Universidade de Salamanca, especializándose en Literatura Española e Latinoamericana en Salamanca e na U. París IV-La Sorbonne[2], U. de Berkeley e a Universidade de Nova York.[3][4] Poéticas e imaginarios de la transición española campo, discursos, fracturas é a súa tese de doutoramento na U. de Salamanca (2008), dirixida polo profesor Fernando Rodríguez de la Flor Adánez.[5]
Comezou de profesor en España e na Universidade de Hamburgo. En 2008 pasou a exercer a docencia e investigación na Universidade de Princeton (EUA) no Departamento de Español e Portugués, sendo xa Professor en 2019[6] (en excedencia). Profesor vistitante en CUNY-The Graduate Center.
As súas investigacións céntranse na España Moderna e Contemporánea: poesía, movementos sociais e culturas urbanas, memoria histórica...[2]; unindo estética e política busca recuperar voces e proxectos esquecidos da historia ibérica moderna.[7]
En Letras arrebatadas, Poesía y química en la transición española (2009) estuda un grupo de poetas clandestinos españois que utilizaron unha literatura ‘drogada’ na simbolización da experiencia histórica. Desde as utopías psicodélicas de 1968 ata a mortal propagación do consumo de heroína nos aos oitenta. En Culpables por la literatura. Imaginación política y contracultura en la transición española (2014) analiza os intentos das contraculturas españolas por superar a democracia de baixa intensidade post-franquista a través da biotecnoloxía e o activismo nos anos setenta. Comezou a preparar unha escolma de poetas antifranquistas, Muerto el perro, se acabó la rabia. 25 poetas de metro de la transición española e unha edición crítica de Los muertos de José Luis Hidalgo, poemas publicados na ditadura, que denuncian a existencia de fosas comúns no franquismo.[8]
Leva publicado en numerosas revistas: Grial[9][10], Artes del ensayo: Revista internacional sobre el ensayo hispánico, Revista de letras y ciencias humanas, Revista hispánica moderna, Turia: Revista cultural, Kamchatka: revista de análisis cultural, HIOL: Hispanic Issues On Line, Hispanic review, Estudios humanísticos. Filología, Dieciocho: Hispanic enlightenment, CiberLetras: revista de crítica literaria y de cultura, Cuadernos del minotauro, Estudios portugueses: revista de filología portuguesa, Hesperia: Anuario de filología hispánica, Revista de Occidente...[11] Tamén en El Diario en 2020.[12]
Foi un dos comisarios da Exposición Poéticas de la democracia. Imágenes y contraimágenes de la Transición (2018-2019) no Museo Raíña Sofía de Madrid.[13] Colaborou tamén na nova presentación da colección do museo, e na actualidade é Director de Actividades Públicas do mesmo.[14] En 2023 comisariou as exposicións Sempre máis. Arte, ecoloxía e protesta na Galiza do Prestige (2002-2022)[15] e El tragaluz democrático. Políticas de vida y muerte en el Estado español (1868–1975).[16]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.