From Wikipedia, the free encyclopedia
Geri's Game (en galego, O xogo de Geri) é unha curtametraxe de animación por ordenador feita por Pixar en 1997. Foi escrita e dirixida por Jan Pinkava. Trátase da primeira curta de Pixar creada despois de Toy Story; a anterior curta fora Knick Knack en 1989.
Geri's Game | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Jan Pinkava |
Produtor | Karen Dufilho |
Guión | Jan Pinkava |
Intérpretes | Bob Peterson (voz) |
Música | Gus Viseur |
Montaxe | Jim Kallett |
Estudio | Pixar Animation Studios |
Distribuidora | Walt Disney Pictures |
Estrea | 25 de novembro de 1997 25 de novembro de 1998 (con A Bug's Life) |
Duración | 4 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
https://www.pixar.com/geris-game | |
O filme gañou un Premio Oscar á mellor curtametraxe animada no ano 1998.
O filme transcorre nun parque baleiro en outono. O protagonista, Geri (voz de Bob Peterson), é un vello que xoga ao xadrez contra si mesmo, indo dun ao outro lado da mesa e converténdose nun dos dous xogadores en cada quenda. Ao cambiar de lado e ser o outro xogador, adopta unha personalidade diferente e mesmo quita e pon os lentes para mostrar o cambio.
A medida que se desenvolve a partida, semella que hai dúas persoas diferentes xogando. O Geri que xoga coas negras axiña vai comendo pezas ao outro Geri, que queda co rei soamente en xaque mate. Porén, o Geri das brancas simula un ataque ao corazón para distraer ao outro e xirar o taboleiro de xadrez. Unha vez recuperado, o Geri das pezas negras comproba que agora é el o que está en xaque mate, resígnase e dálle ao Geri que xogaba coas brancas unha prótese dental como premio. Este Geri pon a dentadura e bota a rir, mentres a cámara vai cara a atrás revelando que está el só xunto ao taboleiro de xadrez.
Geri's Game é a primeira produción de Pixar na que aparece un ser humano como protagonista, e o seu obxectivo foi "levar a animación de humanos e roupa a novas alturas".[1][2][3]
A faciana do personaxe Geri parécese ao actor Jonathan Harris, que posteriormente daría voz a Geri na súa aparición en Toy Story 2. Neste mesmo filme, Geri é un restaurador de xoguetes e arranxa o brazo roto de Woody. Na súa caixa de ferramentas pódense ver varias pezas de xadrez como referencia á curtametraxe.
O director de Geri's Game, Jan Pinkava, comentou que o personaxe está baseado parcialmente en si mesmo e nos seus parentes máis vellos, particularmente no seu avó, que xogaba ao xadrez a miúdo.[4]
Geri's Game proxectouse xunto á estrea en cines de A Bug's Life e máis adiante iría entre os contidos adicionais das publicacións en VHS e DVD do filme. Tamén se atopa no DVD Pixar Short Films Collection - Volume 1.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.