pintor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
George Wesley Bellows, nado en Columbus (Ohio) o 12 de agosto[1] de 1882 e finado en Nova York o 8 de xaneiro de 1925, foi un pintor e litógrafo estadounidense, coñecido polas súas intrépidas representacións da vida urbana en Nova York.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1882 Columbus, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de xaneiro de 1925 (42 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Green-Wood Cemetery (pt) 40°39′02″N 73°59′44″O |
Outros nomes | Bellows, George Wesley |
Educación | Universidade Estatal de Ohio Central High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Nova York Maine California Santa Fe |
Ocupación | pintor, debuxante, mestre, litógrafo, profesor universitario, gravador |
Empregador | Art Students League of New York (pt) |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato, Arte de paisaxes e pintura de xénero |
Movemento | Escola Ashcan (pt) e American realism (en) |
Profesores | Robert Henri (pt) |
Alumnos | William Gropper (pt) |
Participou en | |
17 de febreiro de 1913 | Show de Arsenal (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Emma S. Bellows |
Fillos | Anne Bellows Kearney, Jean Bellows |
Premios | |
| |
Estudou na Universidade Estatal de Ohio entre 1901 e 1904, xogou nos equipos universitarios de béisbol e baloncesto e realizou ilustracións para Makio, o anuario dos estudantes. rexeitou unirse ós Cincinnati Reds como xogador profesional de béisbol[2] e traballou como ilustrador comercial mentres estudaba. En 1904 marchou a Nova York para estudar arte.[3] Bellows foi alumno de Robert Henri na Escola de Arte de Nova York e integrou o grupo coñecido como The Eight da Ashcan School, un grupo de artistas que pretendían pintar a sociedade norteamericana en todas as súas formas. En 1906 Bellows alugou o seu propio estudo.
Bellows participou por primeira vez nunha exhibición en 1908 organizárona os alumnos de Henri e os críticos recibírona con disparidade de criterios. En 1909 comezou a dar clases na Art Students League of New York.
As escenas urbanas do Nova York de Bellows reflicten a crueza e o caos da clase traballadora e dos barrios, as clases altas aparecen satirizadas frecuentemente nos seus traballos. Entre 1907 e 1915 realizou unha serie de pinturas amosando Nova York cuberta de neve. Esas pinturas foron un campo de probas no que Bellows xoga coa cor e a textura visual que despois serán centrais nas súas pinturas.[4] Elas exhiben un contraste total entre o azul e branco da neve e as superficies, esgrevias e cotrosas, da cidade e creando unha imaxe esteticamente irónica dos igualmente esgrevios e costrosos homes loitando por limpar as impurezas da neve pura. Con todo foi a serie de pinturas retratando boxeadores afeccionados a súa contribución máis salientable á historia da arte[5] Esas pinturas caracterízanse pola súa atmosfera escrura, nas que as pinceladas brillantes das figuras humanas vividamente dan un forte sentido de movemento e dirección.
O aumento do seu prestixio como pintor dan cun cambio a súa vida e obra, aínda que continuou os seus temas anteriores, Bellows comezou a recibir peticións para retratos e convites da elite de Nova York e comezou a pasar os veráns en Maine, pintando paisaxes mariñas en Monhegan e na illa de Matinicus.
Ó tempo, o sempres socialmente consciente Bellows asociouse cun grupo de artistas e activistas radicais, chamados The Lyrical Left, que tendía ó anarquismo na súa procura dos dereitos individuais. Bellows ensinou na Escola Moderna de Nova York (que seguía as ideas de Francesc Ferrer e foi membro do consello editorial do xornal socialista, The Masses ó que tamén contribuía con debuxos e litografías a comezos de 1911. Bellows que cría que a liberdade artística do autor tiña que estar por riba de calquera política ideolóxica editorial tivo problemas mantivo un apoio público á intervención dos Estados Unidos na primeira guerra mundial e realizou unha serie de litografías e pinturas coas atrocidades cometidas polos alemáns durante a invasión de Bélxica, a máis famosa foi The Germans Arrive, baseada nun relato real e que amosaba un soldado alemán contendo un mozo belga coas mans cortadas. O seu posicionamento non lle impediu criticar a censura interior e a persecución que a Lei de espionaxe permitía contra os disientes antibelicistas.
Os lenzos dos últimos anos de Bellows céntranse na súa vida doméstica, coa súa muller e fillas como obxectos centrais das súas obras, que amosan tamén un incremento programado e teórico cara a cor e o deseño, unha marcada diferenza coas súas obras anteriores.
Bellows fixo contribucións significativas, axudando a divulgar o seu uso como medio artístico nos Estados Unidos. En 1916 instalou unha prensa litográfica no seu estudio e entre 1921 e 1924 colaborou con Bolton Brown na realización de máis dun cento de imaxes. Bellows tamén ilustrou numerosos libros durante a súa carreira, incluíndo varios de H. G. Wells.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.