Geoffrey Stephen Hull, nado o 6 de setembro de 1955, é un lingüista, etnólogo e historiador australiano, que fixo contribucións para o estudo das linguas románicas, célticas, eslavas, semitas, austronesias (como o tetum de Timor-Leste) e papuasias, e en particular á relación entre linguaxe e cultura.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
De ascendencia inglesa e escocesa ao lado paterno, súa familia materna pertencía á comunidade latina do Exipto (de orixe mixta maltesa, veneciana, triestina e francesa), que deixou o país durante o período de nacionalización do posguerra (1946-1957). El creceu familiarizado coa gran variedade de linguas faladas na súa familia ampliada (en francés, maltés, e varios dialectos da Italia, o occitano, o esloveno, o grego e o árabe).
Educación e Traxectoria académica
Estudou Artes na Universidade de Sidney (1974-1982), completando unha tese de doutoramento en lingüística histórica, tras pescudas dialectolóxicas en Italia e en Suíza. A súa tese [1], tese de doutoramento, Western Sydney University, MacArthur, foi unha reconstrución da lingua padana subxacente aos dialectos galoitalianos, vénetos e retorrománicos modernos. Antes de completar o doutoramento, realizou tamén estudos de filosofía e teoloxía na Aquinas Academy de Sidney. Na súa carreira académica Hull ten ensinado nas áreas de lingüística e linguas europeas modernas e clásicas en varias universidades australianas: Sydney University, Melbourne University, University of Wollongong e outras institucións de ensino superior australianas; é tamén un lexicógrafo profesional e un tradutor que traballa en máis dunha ducia de linguas.
Actualmente é profesor adxunto da Macquarie University, en Sidney.[2].
Realizacións en Timor-Leste e traballo a prol da lingua tetum
Nos anos 1990 axudou o Liderado de Timor Leste en exilio na tarefa de normalización do tetum e creando unha gama de recursos lingüísticos e literarios para esta e outras linguas de Timor Leste, entón so ocupación indonesia.[3][4][5]. Tamén foi membro dunha delegación pro dereitos humanos organizada polo Australian Catholic Social Justice Council, que visitou o país en 1997, en medio a unha escalada de violencia e fixo un informe ás Nacións Unidas, á Comisión de Dereitos Humanos da Indonesia, ao Goberno de Australia e ao Vaticano. En setembro de 1999, Hull depuxo perante o Senado australiano sobre os abusos que tiña presenciado no Timor Leste durante as visitas anteriores [6]. De 2001 a 2007 foi director de pescudas e publicacións do Instituto Nacional de Lingüística, a autoridade lingüística nacional do Estado independente de Timor Leste. El foi o organizador, principal autor e editor do dicionario nacional de tetum [7] e foi fundador e coeditor da revista académica Estudos de Linguas e Culturas de Timor-Leste.
Os seus servizos para as linguas de Timor Leste son da maior importancia, e foron valorizados pola Administración Transitoria das Nacións Unidas no Timor Leste, liderado de decembro de 1999 a maio de 2002 polo brasileiro Sérgio Vieira de Mello. Polo seu traballo fundamental en favor do tetum, Geoffrey Hull é comparable con personalidades como Koldo Mitxelena para o idioma vasco (éuscaro) en España, de Eliezer Ben Yehuda para o hebraico en (Israel), de Ivar Aasen e Knud Knudsen para a lingua Noruega, de Johannes Aavik para Estonia, de Taras Shevchenko para Ucraína etc.
Outras áreas de interese
Fóra do campo da lingüística, Geoffrey Hull é coñecido polos seus traballos sobre cuestións relixiosas, principalmente as causas históricas e o impacto socio-cultural das reformas da igrexa na década de 1960 sobre a Igrexa Católica Latina e as tradicións orientais católicas.[8]
Notas
Hull, Dr. Geoffrey (1982) A unidade lingüística do norte de Italia e de Recia
Timor Oriental: n'est-ce qu'il qu'une question politique?. Églises d'Asie: Agence d'Information des Missions Etrangères de París, Dossiers et documents n º 9 / 92, de 1992.
Timor-Leste: Identidade, Lingua e Política Educacional. Lisboa: Ministerio dos Negocios Estranxeiros/Instituto Camões, 2001
(Geoffrey Hull, Lance Eccles). Gramática da Lingua Tétum. Lisboa: Lidel, 2005.
Disionáriu Nasional ba Tetun Ofisiál
The Banished Heart: Origins of Heteropraxis in the Catholic Church. London: T&T Clark, 2010
- Adelaidean, News from Adelaide university (p. 6), 10 de abril de 2000
- Berdichevsky, Norman: A Reminder of the Authentic Semitic non-Arab Identity of the Ancient Mediterranean World (maio de 2007), New English review, http://www.newenglishreview.org/custpage.cfm?frm=6806&sec_id=6806 Arquivado 23 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.
- Boon, Danielle (Adult Literacy Advisor, Ministry of Education and Culture of East Timor), UNDP Timor-Leste: Literacy in East Timor
- Current Language Issues in East Timor: Texto dunha conferencia realizada na Universidade de Adelaida, 29 de marzo do 2000, https://web.archive.org/web/20100518110717/http://www.ramelau.com/tetum/issues.html
- Grenfell, Laura: Legal Pluralism and the Rule of Law in Timor Leste, Leiden Journal of International Law (2006), 19:2:305-337 Cambridge University Press, doi:10.1017/S0922156506003323
- https://web.archive.org/web/20081023131216/http://webzoom.freewebs.com/jpesperanca/lusofonia_Parte_3.pdf (p. 40 et seq.)
- Instituto camoes: O português, língua timorense; Número 88, 6-19 de Julho de 2005 Suplemento do JL, Nº 907, Ano XXV, https://web.archive.org/web/20120301184327/http://www.instituto-camoes.pt/encarte/encarte88a.htm
- Interview with Prof. Hull at the ABC national radio: https://web.archive.org/web/20010503170134/http://www.abc.net.au/rn/arts/ling/stories/s113139.htm
- Entrevista co Prof. Hull en News Weekly
- Köster, Dietrich (Bona), Política linguística de Timor-Leste: a reintrodução do português como língua oficial e de ensino, Lusorama, 57-58 (maio de 2004), páx. 172-179, ISSN 0931-9484
- Köster, Dietrich (Deutsche Gesellschaft für die afrikanischen Staaten portugiesischer Sprache), Política Linguística de Timor-Leste: A Reintrodução do Português como Língua Oficial e de Ensino, Estudos de Línguas e Culturas de Timor-Leste/Studies in Languages and Cultures of East Timor, número 6, 2004, páx. 1-7, Instituto Nacional de Linguística da Universidade Nacional Timor Lorosa’e, ISSN 1441-1105
- Köster, Dietrich: Sprachpolitik Osttimors - Die Wiedereinführung des Portugiesischen als Amts- und Unterrichtssprache, https://web.archive.org/web/20100501084718/http://www.colonialvoyage.com/timorsprachpolitik.html
- Leclerc, Jacques, L’Aménagement linguistique dans le monde: Timor Lorosae (République de Timor Lorosae), Universität Laval, Québec 2004, http://www.tlfq.ulaval.ca/axl/asie/timor_est.htm Arquivado 11 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.
- Prof. Hull's Tetum courses in Sidney: https://web.archive.org/web/20110715051109/http://www.pasthound.com/topics/Tetum?PHPSESSID=2ros07p49gp13ik7ob8duggmj1
- Stephens, M 2006, 'Healing Timor Leste through language understanding', in Healing Timor Leste: a consultation of specialists, ed. M King-Boyes, Tony Kitchener Printing pty ltd, Adelaide
- Vassalo Thake, Clare: Identityy and instruction, (p. 356) in: Stella Borg Barthet (Editor) - A Sea for Encounters: Essays Towards a Postcolonial Commonwealth, Rodopi (5 de novembro de 2009), ISBN 978-90-420-2764-0
Bibliografía do Dr Geoffrey Hull
- 1982 The Linguistic Unity of Northern Italy and Rhaetia, tesis, Western Sydney University, Macarthur.
- 1987 La lingua ‘padanese’: Corollario dell’unità dei dialetti reto-cisalpini. Etnie: Scienze politica e cultura dei popoli minoritari, 13.
- 1988 Franco-Maltese. In James Jupp, ed., The Australian People: An Encyclopedia of the Nation, its People and their Origins. Sydney: Angus and Robertson.
- 1989 Polyglot Italy: Languages, Dialects, Peoples, Melbourne,CIS Educational.
- 1989 Parallels and Convergences in Celtic and Romance Philology. Australian Celtic Journal, 1.
- Vocabulary Renewal Trends in the Modern Celtic Languages. Origins and Revivals: Proceedings of the First Australian Conference of Celtic Studies, pp. 69–90.
- 1990 Idealist Nationalism and Linguistic Dogma in Italy. In The Shared Horizon. Dublin: The Academic Press.
- 1992 Timor Oriental: n’est-ce qu’il qu’une question politique?, Églises d’Asia: Agence d’Information des Missions Etrangères de Paris, Dossiers et documents No. 9/92.
- 1993 The Malta Language Question: A Case Study in Cultural Imperialism. Malta: Said International.
- 1994 Building the Kingdom: Mary MacKillop and Social Justice. Melbourne: Collins Dove.
- 1994 Instituto de Estudos Timorenses “Maria Mackillop” - Orientação para a Padronização da Língua Tetum. Baulkham Hills (Sydney).
- 1998 Mai Kolia Tetun. A Course in Tetum-Praça, Sydney, Australian Catholic Relief and the Australian Catholic Social Justice Council.
- 2001 Timór-Lorosa’e: Identidade, lian no polítika edukasionál (Timor-Leste: Identidade, Língua e Política Educacional). Lisboa: Ministério dos Negócios Estrangeiros/Instituto Camões.
- 2002 The Languages of East Timor. Some Basic Facts, Instituto Nacional de Linguística, Universidade Nacional de Timor Lorosa'e. The Languages of East Timor
- 2002 Standard Tetum-English Dictionary, 2nd Ed, Allen & Unwin Publishers ISBN 978-1-86508-599-9
- 2005 (con Lance Eccles). Gramática da Língua Tétum. Lisboa: Lidel
- 2006 (con Halyna Koscharsky) Contours and consequences of the lexical divide in Ukrainian. Australian Slavonic and East European Studies, Vol 20, Nos 1-2
- 2010 The Banished Heart: Origins of Heteropraxis in the Catholic Church. Londres: T&T Clark.