farmacéutico, xornalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Genaro Moreda Martínez, finado na Coruña o 1 de xullo de 1935[1], foi un farmacéutico, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Morte | 1 de xullo de 1935 A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico , xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Farmacéutico de Fene. Secretario da Delegación da Sociedad de naturales de Fene da Habana. Foi un dos fundadores da Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume da que foi presidente en 1913 e secretario en 1915. Presentouse como candidato agrario ás eleccións municipais de 1913 e foi elixido, aínda que non tomou posesión ata 1915 pola presentación de recursos xudiciais por parte das forzas conservadoras. Dirixiu os periódicos Fene Solidario e Cultura Campesina. Estaba asociado á Irmandade da Fala da Coruña desde os seus inicios. O 17 de febreiro de 1917 causoulle a morte ao mestre Agustín de Burgos Redondo, o autor dun apropósito carnavalesco no que se ridiculizaba a súa figura. Xulgado e condenado por homicidio[2], despois da súa estancia no cárcere trasladouse á Coruña onde rexentou a farmacia da rúa Castiñeiras de Abaixo dende 1922 ata o seu falecemento en 1935. De 1930 e 1935 ocupou os cargos de secretario e tesoureiro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña.
Casou con Andrea Ríos Veiga e foi pai de Emilio Moreda Ríos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.