From Wikipedia, the free encyclopedia
Gazte Abertzaleak (GA) (Mozos Patriotas en éuscaro) son os mozos do partido Eusko Alkartasuna (EA) (Solidariedade Éuscara en éuscaro), agora parte do EH Bildu en Hegoalde e EH Bai en Iparralde. Os seus ideais son os de Eusko Alkartasuna, aínda que goza de autonomía para desenvolver as súas propias iniciativas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Gazte Abertzaleak | |
---|---|
Organización xuvenil de Euskal Herria | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Andoni Iriondo |
Filiación internacional | EFA Youth |
Historia | |
Fundación | 1988 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda Independentismo Republicanismo Internacionalismo Feminismo |
Outros datos | |
Sede | Portuetxe bidea, 23 1º (Donostia) |
Na rede | |
gazteabertzaleak.eus/ | |
A organización está presente en todos os territorios onde a cultura vasca (Euskal Herria) se manifesta. Ten unha presenza nas provincias españolas de Áraba, Guipúscoa e Bizcaia na Comunidade Autónoma do País Vasco e da Comunidade Autónoma de Navarra (popularmente coñecido como Hegoalde), así como nos territorios franceses de Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa (popularmente coñecida como Iparralde) do Departamento de Pireneos Atlánticos.
Tamén colabora con outras organizacións xuvenís, a través do Consello da Xuventude de Euskadi (EGK), internacionalmente a través EFAY (Mozos da Alianza Libre Europea) e mantén relacións estreitas coa diáspora vasca, especialmente os mozos da Arxentina.[1]
Creada en 1988 pretende acadar a independencia dos territorios da rexión histórica do País Vasco, coa idea de constituír unha república vasca no seo da Unión Europea e estender a solidariedade entre a mocidade. Defínense como comprometidos co antimilitarismo, o pacifismo, o ecoloxismo, a xustiza social, a denuncia da violación dos dereitos humanos e o desenvolvemento sostible.
Comparte con Eusko Alkartasuna o seu ideario aínda que con posturas propias,[Cómpre referencia] dada a autonomía organizativa que posúe a organización. Posúe un representante en toda executiva local de EA, nas rexionais e o seu secretario xeral é membro de pleno dereito da Executiva Nacional do partido.
Tense mostrado historicamente contraria ás coalicións co PNV e a día de hoxe[cando?] mantén conversacións con case tódalas organizacións xuvenís do País Vasco.[Cómpre referencia] Así, forma parte do Consello da Xuventude de Euskal Herria (EHGk) e do Consello da Xuventude de Euskadi (EGK).
En 1999, xunto a outras xuventudes de partidos de esquerda en Europa integrados na Alianza Libre Europea, formaron as súas xuventudes (EFAY: European Free Aliance Youth). Actualmente[cando?] Gazte Abertzaleak exerce a presidencia desta organización sendo Lander de Bilbao o seu presidente.[Cómpre referencia] Tamén era membro de Gazte Abertzaleak o seu primeiro presidente, Mikel Irujo. Entre os seus membros están as xuventudes de ERC, o SNP escocés e organizacións nacionalistas flamengas ou galesas, entre outras.
Ten dúas revistas como medios de comunicación: Gaztekari (para a comunicación exterior) e Gazteberri (para a comunicación interna da militancia da organización).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.