From Wikipedia, the free encyclopedia
Gatocán (en inglés: CatDog) foi unha serie de debuxos animados estadounidense do canal Nickelodeon, creada por Peter Hannan.
Formato | Animación |
---|---|
Creado por | Peter Hannan |
Intérpretes | Animación |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 68 (134 segmentos) |
Duración | 30 minutos por episodio, 15 por segmento |
Canle de orixe | Nickelodeon |
Primeiro episodio | 4 de abril de 1998 |
Derradeiro episodio | 15 de xuño de 2005 |
Na rede | |
http://www.nicksplat.com/social-wall/cat-dog | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conta a historia de dous irmáns siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constitúen un corpo onde cada punta posúe unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCán, CatDog na versión orixinal. Durou entre 1998 e 2001.
GatoCán foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo Home do Ieti ou Pés Grandes) por un tornado. Dende entón viven nunha casa con formato de peixe e óso na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.
GatoCán sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.
O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posúe unha relativa lexión de fans de proporcións razoables, formada principalmente polo público preescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe máis dirixida ós adultos. No Xabarín Club (TVG) foi emitido por primeira vez no ano 2004.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.