signo diacrítico From Wikipedia, the free encyclopedia
O gancho é un sinal diacrítico que pode aparecer situado en distintas partes da letra que modifica. Ten forma dun pequeno trazo curvo enganchado á letra.
Datos rápidos ̡, Diacríticos do alfabeto latino ...
O gancho colócase como un trazo curvo cara a esquerda ou cara a dereita, tanto na parte superior da letra coma na inferior. En ocasións tamén pode aparecer en horizontal.
O Alfabeto Fonético Internacional emprega letras minúsculas cun gancho. Estes símbolos son ɓ, ɗ, ɠ, ɦ, ɧ, ɱ, ɲ, ŋ, ɽ, ʈ, ѵ e ʋ.[30] Ata 1993 tamén se empregaron ƈ, ƙ, ƥ, ʠ e ƭ que foron substituídas por ʄ̊, ɠ̊, ɓ̥ , ʛ̥ e ɗ̥. Moitas das linguas que empregan o gancho como diacrítico representan o mesmo fonema có do Alfabeto Fonético Internacional.
Antigamente, usábase tamén un sinal diacrítico chamado gancho palatal para representar consoantes palatalizadas. Consistía nun pequeno gancho unido á parte inferior dereita da letra e mirando cara á esquerda. Este sinal foi substituído en 1989 por un superíndice j, escribíndose tʲ no canto de ƫ.[31]
Moitas linguas africanas teñen unha ortografía baseada no Alfabeto Africano de Referencia, polo que non se recollen todas as linguas que empregan as letras con gancho deste alfabeto