Gamling
From Wikipedia, the free encyclopedia
Gamling é un personaxe ficticio do legendarium de J. R. R. Tolkien, un home de Rohan. Aparece na segunda e terceira parte do libro O Señor dos Aneis.
Etimoloxía
Gamling significa "home vello" en anglosaxón, (cf. OE gamol "vello"), lingua que é usada para representar a fala dos homes de Rohan, o rohírrico.
Historia
No libro de Tolkien, Gamling é o encargado das forzas de defensa do Foso de Helmo (unha fortificación antes de chegar ó Abismo de Helmo) por orde de Erkenbrand.
O rei Théoden de Rohan chega ó Abismo de Helmo con reforzos de Edoras o 3 de marzo de 3019. Como as forzas de Isengarda son moi superiores en número, Gamling e os seus homes abandonan o Foso de Helmo e entran na fortaleza.
Despois da batalla do Abismo de Helmo non é mencionado máis, pero é probable que cabalgase a Minas Tirith cos rohirrim e loitase na Batalla dos Campos de Pelennor, ou que fose con Erkenbrand a protexer Edoras.
Adaptación cinematográfica
Nos filmes de Peter Jackson, The Two Towers e The Return of the King, o personaxe de Gamling é interpretado polo actor neozelandés Bruce Hopkins.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.