parroquia civil do concello de Frades From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Galegos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Frades. Segundo o INE en 2023 tiña 207 habitantes (112 mulleres e 95 homes) 76 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.
Galegos | |
---|---|
Concello | Frades[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°02′44″N 8°19′54″O |
Área | 7,68 km² |
Poboación | 207 hab. (2023) |
Densidade | 26,95 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gráfica de evolución demográfica de Galegos[2] entre 2000 e 2023 |
Poboación de dereito segundo o padrón municipal do INE |
O pazo de Galegos conserva a antiga capela e unha moderna torre. Accédese por un portalón brasonado e conserva os escudos cos emblemas das familias Montenegro, Andrade e Bermúdez. Atópase ocupado por unha comunidade relixiosa que o recibiu en doazón.
O cruceiro de San Martiño de Galegos posúe unha cruz octogonal de remates florenzados, capitel cuadrangular, fuste octogonal que comeza e remata cadrado, con base cúbica de cachotaría; a plataforma é cuadrangular.
A igrexa parroquial é de planta rectangular, coa fachada pintada coas cores azul e branco. Posúe un dobre campanario coroado por unha cruz.
As festas que se celebran son:
Lugares da parroquia de Galegos no concello de Frades (A Coruña) | |
---|---|
O Barreiro | O Castro | O Outeiro | O Paraxón | O Pazo | A Ponte | Reboredo | Vista Alegre |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.