ambiente de escritorio para sistemas operativos de tipo Unix From Wikipedia, the free encyclopedia
GNOME é un contorno de escritorio para sistemas operativos de tipo Unix baixo tecnoloxía X Window, atópase dispoñible en máis de 50 idiomas.[1] Forma parte oficial do proxecto GNU. Da tradución ao galego encárgase o Proxecto Trasno.
GNOME | |
---|---|
Tipo | Ambiente de escritorio, pacote GNU, plataforma e interface de usuario |
Data de fundación | 15 de agosto de 1997 |
Na rede | |
https://www.gnome.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O proxecto GNOME (GNU Network Object Model Environment) xorde en agosto de 1997 como proxecto liderado polos mexicanos Miguel de Icaza e Federico Mena para crear unha contorna de escritorio completamente libre para sistemas operativos libres, en especial para GNU/Linux. Desde o principio, o obxectivo principal de GNOME foi proporcionar un conxunto de aplicacións amigables e un escritorio fácil de utilizar. GNOME tamén é unha palabra do idioma inglés que significa gnomo.
Neses momentos existía outro proxecto anterior cos mesmos obxectivos, pero con diferentes medios: KDE. Os primeiros desenvolvedores de GNOME criticaban o devandito proxecto por basearse na biblioteca de controis gráficos Qt, cuxa licenza (QPL), aínda que libre, non era compatible coa licenza GPL da FSF.
Anos máis tarde os problemas da licenza de Qt resolvéronse e estas críticas cesaron. Con todo, os dous proxectos seguen rumbos tecnolóxicos distintos e fanse unha competencia amigable.
Como coa maioría dos programas GNU, GNOME foi deseñado para executarse en toda a gama de sistemas operativos de tipo Unix con X Window, e especialmente pensado para GNU/Linux. Desde os seus comezos empregouse a biblioteca de controis gráficos GTK, orixinalmente desenvolvida para o programa The GIMP.
A medida que o proxecto foi progresando nos últimos anos, os obxectivos do mesmo estendéronse para tratar unha serie de problemas na infraestrutura Unix existente.
Actualmente o proxecto evoluciona baixo amparo da Fundación GNOME.
Cando inicie unha sesión gráfica verá o escritorio GNOME. Este escritorio conta con iconas para acceder rapidamente a aplicacións e con menús que lle permiten iniciar programas. Tamén lle permite usar varios espazos de traballo [8], cada un como un escritorio independente dos demais ?aínda que é doado pasar aplicacións dun espazo de traballo a outro, pois basta arrastralas co rato.
O botón esquerdo do rato normalmente permite elixir unha opción dun menú ou activa unha icona. O botón dereito ten diversas aplicacións de acordo ao contexto ?por exemplo sobre as iconas permite configuralas?, o botón do centro permite pegar o texto que se seleccionou co rato, se o seu rato só ten 2 botóns, pode «emular» o botón do centro premendo simultaneamente o esquerdo e o dereito. Para seleccionar un texto pásase por enriba do mesmo co punteiro do rato mentres se mantén presionado o botón esquerdo.
O escritorio GNOME é bastante configurable: pode configurar os menús, as iconas, as tipografías, o fondo, o protector de pantalla, o tema, o administrador de fiestras, o son, a interacción coas fiestras e moitos outros detalles de acordo ao seu gusto. Para facer algunhas das configuracións pode empregar opcións dos menús GNOME, o rato ?por exemplo para administrar as iconas que hai sobre o escritorio?, o programa «Centro de control GNOME» e eventualmente os arquivos de configuración de X-Window.
O xestor de fiestras empregado decorará cada fiestra con botóns que lle permitirán pechar, maximizar ou minimizar. As fiestras minimizadas veranse na parte inferior do escritorio GNOME ?máis precisamente no panel que non necesariamente está na parte inferior, porque pode recolocarse de acordo ao seu gusto.
Entre os menús de GNOME, existen múltiples ferramentas: calculadora gcalc; editor de texto sinxelo gnotepad; calendario gnomecal, procesador de textos, folla de cálculo, reprodutor multimedia e moitas outras.
Un gran número de diferentes proxectos engloban o proxecto GNOME. Algúns destes son:
Deseñado orixinalmente para Linux, GNOME agora funciona na maioría dos sistemas de tipo Unix e particularmente foi adoptado por Sun Microsystems como parte do escritorio Java, substituíndo o antigo escritorio común da súa plataforma Solaris. É a contorna de escritorio por omisión para moitas distribucións de escritorio modernas de GNU/Linux, incluíndo Fedora e Ubuntu. Unha lista das distribucións de Linux que inclúen GNOME mantense na Web de GNOME. Existe unha versión oficial de GNOME para os chamados LiveCD, que permite que un computador arranque directamente desde o cdrom e así poder probar e gozar do escritorio. Moitos compoñentes de GNOME cambiaron cara a Cygwin permitindo que as aplicacións de GNOME funcionen en Microsoft Windows.
Versión | Data | Descrición |
---|---|---|
Agosto, 1997 | Anuncio de desenvolvemento de GNOME | |
1.0 | Marzo, 1999 | Primeira versión importante |
1.0.55 | Outubro, 1999 | «Outubro» GNOME |
1.2 | Maio, 2000 | «Bongo» GNOME |
1.4 | Abril, 2001 | GNOME «Tranquility». Última versión das series 1.x |
2.0 | Xuño, 2002 | Importante actualización a GTK 2 |
2.2 | Febreiro, 2003 | Melloras multimedia e do administrador de ficheros |
2.4 | Setembro, 2003 | Epiphany, mellora de accesibilidad |
2.6 | Marzo, 2004 | Cambio a un administrador espacial, nova fiestra de diálogo |
2.8 | Setembro, 2004 | Novas aplicacións, cambios en GNOME VFS e en Nautilus |
2.10 | Marzo, 2005 | Novas aplicacións, cambios en Nautilus, GTK . |
2.12 | Setembro, 2005 | Melloras en Nautilus; melloras no corta/pega entre aplicacións e integración de freedesktop.org. Novas aplicacións: Evince visor PDF; editor de menú; novo sistema de autentificación e ferramentas administrativas. Baseado en GTK 2.8 con soporte para Cairo. |
2.14 | Marzo, 2006 | Melloras no rendemento, procura máis completa, Melloras na xestión de fiestras, Deskbar, Melloras no inicio de sesión, Cambio rápido de usuario, Gedit mellorado, Salva-pantallas integrado, Fácil configuración e máis. |
2.16 | Setembro, 2006 | Melloras nos efectos 3D; novo xestor integrado de enerxía; inclusión oficial de Tomboy; inclusión oficial de Alacarte como editor de menús; mellor control do uso do disco duro grazas a Baobab; #achegamento ás persoas con minusvalía grazas ao lector Orca; inclúese soporte para XSPF no reprodutor Totem; melloras en Epiphany e aplicacións GTK; varios cambios en Evolution; melloras na usabilidade, como é o caso da barra GNOME ou do informe de erros; varios cambios menores. |
2.18 | 2007 | |
2.20 | 2007 | |
2.22 | 2008 | |
2.24 | 2008 | |
2.26 | 2009 | |
2.28 | 2009 | |
2.30 | Marzo 2010 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.