Fusobacterium é un xénero de bacterias anaeróbicas gramnegativas, similar a Bacteroides. Son bacterias con forma de bacilo con extremos bicudos.[1] Cepas de Fusobacterium causan varias doenzas humanas, como enfermidades periodontais, síndrome de Lemierre, e úlceras cutáneas tópicas.

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Fusobacterium

Fusobacterium novum en cultivo líquido
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Fusobacteria
Orde: Fusobacteriales
Familia: Fusobacteriaceae
Xénero: Fusobacterium
Knorr 1922
Especies

F. necrophorum
F. novum
F. nucleatum
F. polymorphum

Pechar

Aínda que en literatura antiga se pode atopar que Fusobacterium forma parte da flora humana normal da orofarinxe, o consenso actual é que estas bacterias deberían sempre tratarse como patóxenos.[2] F. prausnitzii, era un comensal do tracto gastrointestinal asociado con pacientes sans, que en 2002 foi movido do xénero Fusobacterium a un xénero propio, o Faecalibacterium.

Importancia clínica

En 2011 descubriuse que as Fusobacterium florecen en asociación con células de cancro de colon, e a miúdo están asociadas con colite ulcerosa, aínda que non se determinou se o organismo realmente causa esta doenza ou se simplemente prospera no ambiente que crea a doenza.[3] Esta bacteria é unha gran áncora para a formación de biopelículas.[4][5]

A diferenza de Bacteroides spp., as Fusobacterium teñen un potente lipopolisacáridos.

A clindamicina é o antibiótico máis activo contra as especies de Fusobacterium, seguindo do cloranfenicol, carbenicilina, e cefoperazona (os cales son case igual de activos) e despois o cefamandole.[6]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.