From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fundación Amadeu Antonio, en alemán Amadeu Antonio Stiftung (AAS) é unha fundación (Stiftung) alemá sen ánimo de lucro de dereito civil con sede en Heidelberg e oficina en Berlín.[1] Foi fundada en 1998 por iniciativa de Anetta Kahane e leva o nome de Amadeu Antonio Kiowa, unha das primeiras vítimas da violencia de extrema dereita en Alemaña desde a reunificación en 1990.[2]
Fundación Amadeu Antonio | |
---|---|
Acrónimo | AAS |
Tipo | fundación, Träger der politischen Bildung, editor de acceso aberto, charitable corporation e organización sen ánimo de lucro |
Campo de traballo | Ultradereita, Racismo, Antisemitismo, Promoção da Educação, da formação pública e profissional, incluindo a ajuda aos estudantes e Förderung internationaler Gesinnung, der Toleranz auf allen Gebieten der Kultur und des Völkerverständigungsgedankens |
Data de fundación | 1998 |
Fundador(es) | Anetta Kahane |
Nomeado en referencia a | Amadeu Antonio Kiowa |
Presidente/a | Anetta Kahane (pt) (2003-) |
Nº de empregados | 120 (2022) |
Sede | Berlín e Weinheim |
País | Alemaña |
Na rede | |
https://www.amadeu-antonio-stiftung.de/ e https://www.amadeu-antonio-stiftung.de/eng/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A fundación quere fortalecer a sociedade civil en Alemaña contra o antisemitismo, o racismo e o extremismo de dereitas. Para iso, apoia financeiramente máis de 1000 iniciativas e proxectos locais de cultura xuvenil, escolas, protección das vítimas, iniciativas para os refuxiados ou proxectos de democracia, a través da educación, as relacións públicas e as redes comunitarias. Tamén apoia ofertas de axuda para aqueles que abandonaron a escena neonazi. Máis recentemente, co apoio do Ministerio Federal de Asuntos da Familia, a fundación tamén creou unha oficina de denuncia en temas feministas.
O doador (Stifter) é Karl Konrad von der Groeben.[3] O patrón é Wolfgang Thierse, expresidente do Bundestag alemán.[4] A Fundación Amadeu Antonio actualmente (2022) conta con 120 empregados a tempo completo. Desde a súa creación, foi apoiado, asesorado e promovido pola Fundación Freudenberg. Colaborou co Ministerio Federal de Asuntos da Familia, Terceira Idade, Muller e Xuventude en campañas contra o neonazismo[5] e colabora con numerosas organizacións social alemás e internacionais en esforzos contra o racismo, incluíndo entidades educativas, de memoria histórica e de diversidade dos medios (representación de diversas voces e perspectivas nos medios de comunicación).[6]
A Fundación é financiada polo programa federal "Demokratie leben!" ("Vivir a Democracia") do Ministerio Federal Alemán para a Familia, Maiores, Mulleres e Xuventude, ademais de recibir doazóns, incluíndo chamadas da revista Stern que anima aos seus lectores a contribuír financieiramente.[7] No ano 2018, a fundación tivo ingresos de 4,33 millóns de euros, dos cales 2,77 millóns eran subvencións estatais e 1,52 millóns proviñan de doazóns; gastou 3,68 millóns en cumprir co seu obxectivo fundacional, e principalmente en gastos de persoal (2,14 millóns euros) e outros custos operacionais.[8]
En 2016, a fundación apoiara máis de 1.000 iniciativas para a protección e apoio das vítimas e para aqueles que abandonaran a escena neonazi, e proxectos locais na 'cultura xuvenil democrática', escolas, redes comunitarias etc.[9]
Dende 2003, a fundación desenvolve e proba conceptos contra as formas actuais de antisemitismo, que presenta nunha páxina web. Dende entón, organiza semanas de acción contra o antisemitismo cada ano arredor do aniversario dos Novemberpogrome en toda Alemaña, en colaboración con numerosas iniciativas da sociedade civil.[10] [11] [12]
Desde xaneiro de 2015, a fundación é patrocinadora e socia do Centro de Investigación e Información sobre o Antisemitismo de Berlín e cofundou o Netzwerk zur Erforschung und Bekkämpfung des Antisemitismus.[13]
O proxecto ju: an (centro de prácticas para o traballo xuvenil crítico co antisemitismo e o racismo) ofrece aos educadores e especialistas en traballo aberto xuvenil asesoramento, adestramento e formación continua sobre o manexo pedagóxico do antisemitismo e o racismo.
En resposta ao aumento dos ataques contra os inmigrantes, a revista Stern comezou a facer campaña de 'coraxe contra a violencia da dereita' no ano 2000, cunha serie de concertos de rock. Stern pediu doazóns á Fundación Amadeu Antonio, o que lles permitiulles cofundar o proxecto Exit-Deutschsland. En abril de 2003, da cooperación entre a fundación e a revista Stern xurdiu o portal de Internet mu-gegen-rechte-gewalt.de (premio de medios alternativos en 2007) que ofrece ampla información sobre o extremismo de dereitas[14] [15]
Desde 2005, a fundación apoia os concertos da campaña " Laut gegen Nazis" e publicou un audiolibro sobre iso. Despois de que en 2011 se coñecese a serie de asasinatos do grupo terrorista de extrema dereita National Socialist Underground (NSU), a fundación organizou en decembro un concerto "Rock gegen Rechts" en Jena xunto con Udo Lindenberg, Peter Maffay e outros músicos.[16]
A fundación tamén publica estatísticas, que son constantemente comprobadas e actualizadas, sobre as vítimas por violencia de extrema dereita no sitio Mut gegen rechte Gewalt.[17]
O xénero e o extremismo de dereita son unha das principais áreas de atención da fundación.[18] [19] O departamento homónimo (Gender und Rechtsextremismus) estuda o papel crecente das mulleres en contextos neonazis e desenvolve estratexias de apoio para educadores que traballan con nenos e pais influenciados por ideoloxías neonazis. O obxectivo tamén inclúe a educación cidadá.
O proxecto Non hai lugar para os neonazis formouse en 2009. Tenta dar a coñecer os problemas dos partidos de ultradereita nos parlamentos estatais e nos consellos de distrito para crear redes sociais, axudar aos proxectos cidadáns locais, educar sobre a propaganda da extrema dereita e mobilizarse contra as marchas e eventos neonazis.[20] En 2008, a fundación traballou por primeira vez coa Brandenburg Action Alliance no distrito de Barnim, en 2009 en Turinxia e en 2010/2011 en Mecklemburgo-Antepomerania.[21]
O proxecto Region in Aktion promove o compromiso da xente e a cooperación entre a administración e a sociedade civil, especialmente en Brandeburgo e Antepomerania.
Lola für Lulu é un proxecto a longo prazo da fundación no distrito de Ludwigslust (Mecklemburgo-Pomerania Occidental). Preténdese sensibilizar ás mulleres e nenas que viven alí sobre o extremismo de dereitas e os modelos a seguir, capacitarlles para opoñerse a eles e activar unha cultura democrática equitativa de xénero. Isto inclúe obradoiros, asesoramento e apoio a proxectos locais.[22]
De 2001 a 2006, puxo en marcha o proxecto CIVITAS, aprobado pola Cámara de Representantes de Berlín, centrado na loita contra o extremismo de dereitas nos novos estados federais. En 2002, a fundación fixo posible que a "Rede para a Cultura Democrática" (NDK) en Saxonia comprase unha vivenda que abriu en 2006 convertida en centro democrático contra as tendencias extremistas. Nese mesmo ano, organizou unha xira con músicos afro-alemáns dos Brothers Keepers por lugares dominados por extremistas da dereita para falar do racismo cotián e da violencia da dereita nas escolas.[23] En 2003, a fundación apoiou e establecemento da fundación comunitaria Barnim-Uckermark en Brandeburgo.[24]
Dende 2015, Stephan J. Kramer, membro do consello da fundación AAS, dirixe a Oficina para a Protección da Constitución en Thüringen. A súa nomeación, destinada a reforzar o control democrático da axencia, foi criticada por varias organizacións que a viron como unha colaboración coa AAS, algo que a fundación negou.[25] Ademais, en 2016, a AAS recibiu a responsabilidade de liderar un novo instituto de investigación sobre democracia e sociedade civil, a pesar das críticas de partidos de ultradereita como a AfD e preocupacións de que poida substituír a Oficina para a Protección da Constitución. O director subliñou que o traballo é empírico, que ninguén será observado e que se investigará o ultradereitismo, a misantropía, o extremismo islámico, a homofobia e o sexismo.[26]
De 2006 a 2010, a fundación publicou sitios en cooperación coa Axencia Federal de Educación Cívica.[27] Dende 2009, a fundación AAS xunto co semanario Die Zeit opera o portal Belltower.News en 2017, que serve como unha base de datos sobre actividades neonazis e ofrece consello para tratar co ultradereitismo. Ademais, a fundación lanzou varias iniciativas como a "Semana de Acción Redes Sociais contra os Nazis" e o proxecto educativo no-nazi.net en 2011, destinados a combater a propagación do discurso de odio.[28][29] En 2012 fundou o portal Fussball-gegen-Nazis.de para combater varias formas de discriminación no fútbol.[30][31]
O Opferfonds Cura foi creado a raíz da Aktion Cura, iniciada en 1993 tras o atentado mortal de Mölln, Schleswig-Holstein, para recadar fondos para as vítimas de violencia de extrema dereita.[32] En 2004, a fundación asumiu a súa xestión. O fondo documenta máis vítimas de violencia de dereitas que o goberno federal, incluíndo non só estranxeiros, senón tamén persoas con discapacidades, sen teito e socialmente marxinadas.[33]
En 2015, a fundación lanzou "Schutzschild", unha iniciativa para protexer a refuxiados en rexións rurais do leste de Alemaña de acoso e violencia. O obxectivo é fortalecer as organizacións de refuxiados e promover a súa integración na sociedade civil. Xunto con Pro Asyl, está a crear unha crónica anual de incidentes contra refuxiados en Alemaña.[34]
Dende febreiro de 2023, AAS xestiona o proxecto Meldestelle Antifeminismus para recoller casos de ataques e incidentes antifeministas. O proxecto, financiado con 133.000 euros polo Ministerio Federal de Familia, permite que as persoas informen sobre discriminación de xénero e ataques físicos. O Ministerio indicou que o portal advirte contra a divulgación de datos persoais, minimizando así o risco de abuso.
Judith Rahner e a exministra Kristina Schröder, que criticou o portal, debateron sobre a linguaxe non sexista en medios públicos. Rahner sinalou que estaban investigando os críticos desta práctica, argumentando que poden ter axendas ocultas. Matthias Heine criticou esta postura como conspiratoria.[35]
En 2016, o Ministerio de Xustiza convidou á AAS a un grupo de traballo que prestou apoio asesor a Initiative für Zivilcourage online.[40] Desde entón, ultradereitistas atacaron cada vez máis á fundación e a algúns dos seus empregados con difamación, discursos de odio, ameazas e chamadas á violencia.[41] Os puntos comúns de ataque son o traballo anterior da fundadora da fundación Anetta Kahane como IM (traballador informal) na Stasi, as súas orixes xudías e un folleto da fundación sobre a loita contra as publicacións de odio contra os refuxiados.[42] Segundo Kahane, os ataques continuaron aumentando como resultado deste folleto.[43]
A web racista Anonymous.Kollektiv pediu un ataque DoS no sitio web da fundación. A revista de extrema dereita Compact difundiu afirmacións falsas difamatorias. Caricaturas antisemitas representando a Kahane circularon por redes sociais. En abril de 2016, Identitarians bloquearon fechadura da oficina da AAS en Berlín[44] e difamaron a empregados como espías dun estado de vixilancia.
Redes de dereitas difundiron imaxes do equipo da AAS para localizar e ameazar os seus membros. Acusaron á fundación de exercer censura por encargo do Ministerio de Xustiza, algo que a fundación nega, afirmando que só ofrece asesoramento e non ten poder para eliminar contido en liña. A fundación tomou medidas legais contra difamacións e inxurias.[45] Un tribunal prohibiu á revista Compact facer afirmacións falsas sobre Kahane.[41]
Varios xornalistas e blogueiros dereitistas amplificaron a afirmación de que a fundación exerce censura, incluíndo figuras como Roland Tichy e Rainer Meyer (FAZ). Achim Winter, que previamente compartira comentarios antimusulmáns en Twitter, aludiu á relación de Kahane coa policía da RDA. Andreas Zick, da AAS pediu a retirada do contido de Winter; ZDF distanciouse da opinión pero rexeitou eliminar a publicación.[46] Rainer Meyer acusou á AFF de clasificar a CDU na Nova Dereita no sitio da fundación, Neue-rechte-net. A fundación deixou claro que só se mencionara a antiga afiliación ao partido de persoas da Nouvelle Droite como Martin Hohmann.[42] [47] O sitio foi posteriormente desconectado. Peter Tauber (CDU) pediu á fundación que non mencione a CDU en Neue-rechte-Net.[48] Representantes da Junge Union e outros políticos, incluíndo membros do CDU de Leipzig, e do AfD, pediron que se retirasen todos os subsidios estatais á fundación, acusándoa de ser unha "plataforma para radicais de esquerda".[49] Algúns tamén instaron a revisar a súa relación coa fundación debido ao pasado da líder Kahane na RDA. Malia estas solicitudes, o Ministerio do Interior (BMI) non viu motivo para retirar o seu financiamento debido ao seu status recoñecido como organización sen fins de lucro.
Samuel Salzborn, un científico social, describiu os ataques contra a AAS como unha campaña coordinada de forma non oficial, criticando especialmente a R. Meyer por dar credibilidade a rumores da ultradereita.[50]
Na investigación de terrorismo contra soldados da Bundeswehr en 2017, atopouse unha lista de nomes e información detallada sobre a AAS na casa do oficial Franco A., o que levou a sospeitas de que esas persoas e lugares eran obxectivos para ataques. A acusación formal contra el por preparar un acto de violencia que pon en perigo o Estado foi aprobada en novembro de 2019.[51][52]En setembro de 2018, a fundación publicou un folleto cofinanciado polo Ministerio de Familia sobre como as garderías estatais debían manexar casos en que os pais mostran actitudes racistas. A publicación foi criticada por blogs, medios e políticos de dereita, que aseguraron que alentaba a espiar aos pais e controlar as súas opinións.[53][54][55][56] Estas críticas foron rexeitadas pola fundación e outros analistas.[54][57] Os autores do folleto recibiron numerosas mensaxes de odio e ameazas con relevancia penal após a súa publicación.[58]
Na Feira do Libro de Frankfurt de 2017, a AAS foi colocada ao lado do editor neodereitista Antaios, que usou o seu stand para promover figuras extremistas. A fundación rexeitou un debate solicitado por Antaios, afirmando que os dereitos humanos, a liberdade de relixión e de expresión non son negociablese e criticou a organización por non estar preparada para lidar co extremismo de dereita, xa que "a feira non debe ser un lugar para racistas e axitadores".[59]
A Fundación edita dípticos, folletos, análises, monografías e antoloxías.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.