enxeñeiro alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Fritz Adam Hermann von Opel, nado en Rüsselsheim (Alemaña) o 4 de maio de 1899 e finado en Samedan (Suíza) o 8 de abril de 1971, foi o único fillo de Wilhelm von Opel e un dos netos de Adam Opel, fundador da compañía Opel. É coñecido sobre todo polas súas demostracións espectaculares de propulsión de foguetes, o que lle valeu o alcume de "Rocket Fritz".[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Friedrich Adam Hermann Opel 4 de maio de 1899 Rüsselsheim am Main (Imperio Alemán) |
Morte | 8 de abril de 1971 (71 anos) Samedan, Suíza (pt) |
Educación | Universidade Técnica de Darmstadt (pt) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, piloto de automobilismo, inventor, piloto de motociclismo |
Empregador | Opel |
Deporte | Motociclismo |
Familia | |
Cónxuxe | Emita Herrán Olozaga (1947–) Margot von Opel (1930–) |
Fillos | Rikky von Opel () Emita Herrán Olozaga Marie Christine von Opel () Emita Herrán Olozaga |
Pais | Wilhelm von Opel e Martha Bade |
Irmáns | Carl von Opel Heinrich von Opel |
Descrito pola fonte | Frankfurter Personenlexikon (en) , |
Opel naceu na vila alemá de Rüsselsheim, no estado de Hessen, e formouse na Universidade Técnica de Darmstadt. Despois da súa graduación, foi nomeado director de probas da compañía Opel e encargouse tamén da publicidade. Na década de 1920 interesouse no uso de foguetes como recurso publicitario para a empresa, e procurou asesoría contactando para iso con Max Valier, da sociedade Verein für Raumschiffahrt, e con Friedrich Sander, un fabricante de pirotecnia de Bremerhaven.
O 15 de marzo de 1928 a Opel probou o seu primeiro coche propulsado con foguetes[2], o RAK1, e conseguiu unha velocidade superior aos 75 km/h, co que probou a viabilidade deste xeito de propulsión. Pouco máis dun mes máis tarde, chegou xa á velocidade de 230 km/h co RAK.2, propulsado por vinte e catro foguetes de combustible sólido.
Nese mesmo 1928, adquiriu un planador coñecido como "Lippisch Ente" ("O parrulo de Lippisch")[3] que pertencera a Alexander Lippisch e engadiulle propulsión de foguete, co que creou o primeiro avión do mundo con esta propulsión. Opel tivo unha ocasión para probar esta aeronave, antes de estourar no seu segundo voo de proba. Logo encargoulle a Julius Hatry unha aeronave nova, á que volveu chamar RAK.1, e fíxoa voar en Frankfurt o 30 de setembro de 1929. No entanto, probou tamén o RAK.3, un vagón de ferrocarril impulsado por 30 foguetes de combustible sólido que alcanzou unha velocidade de 254 km/h.
Tamén en 1928, Opel construíu e probou unha motocicleta con esta mesma propulsión, que chamou "Monstro".[4]
Opel deixou a empresa familiar e Alemaña a partir de 1929.[5]
En 1947 Opel contraeu matrimonio e ese mesmo ano foi pai dun neno ao que chamou Frederick, que chegou a ser piloto de Fórmula 1 (coñecido como Rikky von Opel).[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.