filósofo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Friedrich Wilhelm Joseph von Schelling, nado en Leonberg (Wurtemberg) o 27 de xaneiro de 1775 e finado en Bad Ragaz (Suíza) o 20 de agosto de 1854, foi un filósofo alemán, un dos máximos expoñentes do idealismo e da tendencia romántica na filosofía alemá.
No ano 1777 no mosteiro de Bebenhausen é onde inicia Schelling os seus primeiros estudos que logra sacar brillantemente cunha anticipación de dous anos con respecto aos demais compañeiros. Aproximadamente aos oito anos comeza a aprender letras clásicas e a súa gran capacidade intelectual causa impacto nos mestres. En 1790 con só dezaseis anos ingresa no famoso Seminario de Tubinga. Neste seminario, tiña unha política de carácter conservador e feudal no que había un ambiente marcado pola tradición teosófica-mística que tiñas as súas bases no Renacemento. Aínda que neste centro de estudos intentaban manter un control das tendencias e ideas políticas dos mozos, estes facían lecturas a escondidas de autores que por aquela época non estaban permitidos.
Schelling estudou filosofía e teoloxía no seminario de Tubinga. Alí coñeceu a Hegel e Hölderlin e coma eles, tamén recibiu a influencia da filosofía kantiana e do pensamento de Fichte. A partir diso, foi deixando a teoloxía e centrouse máis na filosofía. Antes dos vinte anos, dise que Schelling xa tiña o seu propio sistema filosófico.
No ano 1792 graduouse coa tese sobre a orixe do mal humano, onde trata de encontrar unha explicación do mal e no ano 1793 realizou un traballo sobre os mitos, buscando a súa esencia e función dentro das culturas primitivas.
En 1792 graduouse cunha tese escrita en latín sobre a orixe do mal humano titulada Antiquissimi de prima malorum humanorum origine philosophematis Genes. III. explicandi tentamen criticum et philosophicum (Un intento de explicación crítica e filosófica dos máis antigos filosofemas do Xénese) onde trata de encontrar unha explicación histórica do mal dicindo que a humanidade antes era feliz pero despois dunha caída viuse sumida nunha infelicidade. Neste escrito xa se poden distinguir algunhas ideas sobre o futuro movemento romántico.
No ano 1793 escribiu un segundo traballo Sobre mitos, lendas históricas e filosofemas do mundo máis antigo sobre os mitos onde intenta buscar a súa esencia e función dentro da cultura primitiva.
Máis tarde, unha breve estancia en Dresde e Leipzig introdúceo no círculo do primeiro romanticismo e experimenta un sentimento romántico cara a natureza. Este mesmo ano, toma a decisión de deixar o seminario ao igual que Hegel e Hölderlin. No ano 1795 publica Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen (Do Eu como principio da filosofía ou sobre o incondicionado no saber humano) onde aborda a busca dun primeiro principio incondicionado do saber humano que atopará no "Eu absoluto". En 1795 tamén publicou Cartas filosóficas sobre dogmatismo e criticismo.
A primeira etapa corresponde coa súa etapa de xuventude influída por Fitche, aproximadamente polo ano 1795, neste ano publicou a obra Vom Ich als Princip der Philosophie oder über das Unbedingte im menschlichen Wissen. Esta obra apareceu cando Shelling contaba con apenas 20 anos de idade e é a terceira obra publicada por este filósofo. Neste escrito, mostra a preocupación herdada dos postkantianos Schulze, Maimon e Reinhold por facer realidade o soño de Kant de transformar a filosofía en ciencia, e desenvolve a pretensión de Fichte de reducir todo o sistema kantiano a unha única posición Eu=Eu. A tese central deste escrito sostén que o principio de toda filosofía é o Eu absoluto. Schelling concibe o Eu absoluto como liberdade, como pura actividade creadora. Seguramente este escrito foi o máis relevante desta fase inicial da súa produción filosófica.
A segunda etapa viría despois do ano 1796 onde mostra o seu interese pola filosofía da natureza. Foi nesta etapa na que se trasladou á Universidade de Leipzig. No ano 1800 ven o período no que expón a súa filosofía transcendental e a obra máis relevante é o System des transcendentalen Idealismus (Sistema do idealismo transcendental). Esta obra céntrase no que Schelling considera a “verdadeira” filosofía de Fitche: a construción completa do eu, da subxectividade, da autoconciencia. Neste intre, ambos filósofos comprenden que están pensando de forma totalmente diferente. Esta foi a obra máis importante e lograda, tanto na forma como no contido. Posteriormente a esta etapa veu a fase chamada de identidade, que chegou ata 1809 cuxo texto máis importante foi Philosophische Untersuchungen über das Wesen der menschlichen Freiheit (Investigacións filosóficas sobre a esencia da liberdade humana e os obxectos con ela relacionados).
Finalmente, podemos dicir que hai dúas fases máis, a primeira sería nos anos onde se redactan as diversas versións de Die Weltalter (As idades do mundo). Esta obra constitúe a fase máis escura da filosofía de Schelling. A partir do ano 1809 os camiños de Schelling apartáronse da cómoda filosofía de la identidade e centráronse no camiño da relixión e da mitoloxía. O que o autor intenta explicar na obra e como xorde o tempo na eternidade. A segunda etapa estaría dominada pola distinción entre filosofía positiva e negativa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.