Frase e fraseo, en música e en teoría da música, son conceptos e prácticas relacionadas coa agrupación consecutiva de notas musicais con sentido musical, tanto na súa composición como na súa interpretación. Unha peza xeralmente componse dunha melodía que, á súa vez, consta de numerosas frases consecutivas.

Frase musical

Thumb
Efecto do cambio da barra de compás no acento métrico: as dúas primeiras liñas fronte ás dúas segundas.[1]Bar-line shift on metric accent.mid Reproducir  ou Bar-line shift on metric accent with drums.mid Reproducir coa percusión marcando os compases.

Unha frase musical (do grego φράση, frase, expresión, véxase tamén estrofa) é unha unidade de métrica musical que ten un sentido musical completo en si mesma, construída a partir de figuras musicais, motivos e células e combínanse para formar melodías, períodos e seccións máis amplas; ou o fragmento que un cantante ou instrumentista pode interpretar durante unha respiración.[2]

Este termo, do mesmo xeito que sentence, verso, etc., foi adoptado no vocabulario musical da sintaxe lingüística.[2] A pesar de que a miúdo se fai a analoxía entre a frase lingüística e a musical, o termo segue sendo «un dos máis ambiguos en música... non existe nin pode existir consistencia na aplicación destes termos... só con melodías de tipo moi sinxelo, especialmente as dalgunhas danzas, pódense utilizar os termos con certa coherencia.»[3]

Edward T. Cone analiza a "típica frase musical" que está formada por un tempo forte do compás ao comezo, un período de movemento e un punto de chegada marcado por un tempo forte cadencial.[4] Charles Burkhart define unha frase como «calquera conxunto de compases (incluíndo un grupo dun, ou mesmo unha fracción dun) que teña un certo grao de integridade estrutural.[3]

Na práctica común as frases a miúdo constan de catro compases que culminan cunha cadencia máis ou menos definida.[2] Unha frase rematará cunha cadencia máis ou menos resolutiva, dependendo de se se trata dunha frase antecedente ou dunha frase consecuente. A súa representación gráfica nunha partitura é similar á da ligadura e a ligadura de expresión.

Thumb
Exemplo de ligadura de expresión.

O ritmo de frase é o aspecto rítmico da construción de frases e as relacións entre frases e «non é en absoluto unha cuestión tan fácil como podería parecer, senón que é a alma da música e é capaz dunha infinita variedade. O descubrimento do ritmo dunha frase nunha peza é unha porta de entrada á súa comprensión e á súa interpretación efectiva.» O termo foi popularizado por William Rothstein na súa obra Phrase Rhythm in Tonal Music (Ritmo de frase na música tonal). As técnicas inclúen a superposición, o lead-in, a extensión, a expansión, a reinterpretación e a elisión. O acto de dar forma a unha frase durante a interpretación chámase fraseo musical e considérase unha arte.

Fraseo musical

O fraseo fai referencia a unha organización expresiva da música e relaciónase coa conformación das notas no tempo. O fraseo alude á forma de tocar as notas individuais pertencentes a un determinado grupo de notas consecutivas; e á maneira en que estas se presentan cun determinado peso e forma que marca as relacións entre elas. Non se refire ás duracións idealizadas das figuras musicais tal como se representan na partitura, senón á multitude de desviacións que o artista pode facer a partir da partitura, para lograr que unha actuación sexa expresiva, conforme a un determinado estilo e conciencia cultural. Un exemplo pode ser unha aceleración dun grupo de notas, pero hai moitos máis. Esta organización de notas é interpretada de forma creativa polo músico co obxectivo de expresar sentimentos e pode ser identificada polo oínte, non só obxectivamente senón na música, como expresión emocional.

Ó tratarse dunha actividade expresiva dos músicos creativos, a pregunta de como dar forma a un grupo de notas no tempo, non pode ser (e non é) especificada exactamente. Giuseppe Cambini escribiu acerca da interpretación musical co violín:

«O arco pode expresar os afectos da alma, pero ademais non existindo signos que os indiquen, tales signos, incluso se se inventasen, chegarían a ser tan numerosos que a música, xa demasiado chea de indicacións, converteríase nunha masa informe para os ollos, case imposible de descifrar. Consideraríame afortunado se puidera conseguir que un estudante escoitase, a través duns poucos exemplos, a diferenza entre o malo e o mediocre, o mediocre e o bo, e o bo e o excelente, na diversidade de expresións que se poden dar para un mesmo pasaxe.»
«Nouvelle Méthode théorique et pratique pour le violon». París, Naderman (c. 1803) de Giuseppe Cambini.[5]

A configuración das notas no tempo, en xeral pódese dicir que é tal, que se expresa o significado ("afectos da alma"). En xeral, os pensamentos musicais particulares aparecen nun grupo de notas que se seguen entre si, formando unha frase, unha parte específica dunha melodía. Estas notas van unidas e entón dáselle forma expresiva á frase melódica. A tensión pódese xerar mediante a aceleración; determinados puntos de xiro expresivo ou énfase que poden formarse alargando as notas (caldeirón); a desaceleración pode utilizarse para pór fin ás frases; o rubato, etc.

En ocasións considérase que o fraseo tamén inclúe outros aspectos da organización da música, á parte do ritmo das melodías, por exemplo a articulación e a dinámica, etc. O fraseo tamén pode estar influenciado pola letra da canción en relación co fragmento de frase musical na partitura.

Enfoque intuitivo e analítico da frase/fraseo

Hai dúas maneiras en que a frase ou o fraseo poden ser tratadas: mediante un enfoque intuitivo ou mediante un enfoque analítico.

«Hai dúas escolas de pensamento sobre o fraseo, unha máis intuitiva e a outra máis analítica. A escola intuitiva utiliza un modelo verbal, equiparando a función do fraseo coa da puntuacion na linguaxe. Así pois, dixo Chopin a un estudante, "aquel que frasea incorrectamente é como un home que non entende a lingua que fala.»
Nancy Toff.[6]
«A cuestión de ata que punto o estudo analítico e crítico dunha obra de arte axuda ou dificulta a apreciación dos seus factores máis emocionais e espirituais é a pregunta que estivo facendo unha e outra vez [...]»
Stewart Macpherson.[7]

A miúdo, o método analítico é máis teórico e relaciónase co termo frase (análise dunha frase). Mentres que o enfoque intuitivo está máis relacionado co termo fraseo.

Os problemas relacionados cun enfoque analítico da frase prodúcense en especial cando o enfoque analítico se basea unicamente na procura de información obxectiva ou, como adoita ser o caso, só fai referencia á partitura:

«A confianza na partitura para obter información sobre as estruturas temporais reflicte unha dificultade analítica máis profunda. A información estrutural obtida da partitura é aprehendida visualmente e, como tal, está predisposta a modelos visualistas da estrutura. Estes modelos baséanse na simetría e o equilibrio e nunha noción atemporal da estrutura "obxectiva". [...] As estruturas percibidas temporal e auditivamente son unha negación da realidade porque non se pode dicir que "existan" na forma en que o fan as estruturas percibidas espacial e visualmente. [...] As investigacións musicais amosan o prexuízo occidental cara o visualismo na dependencia da simetría visual e o equilibrio. A información sobre a estrutura dende a experiencia auditiva é sospeitosa xa que se considera "subxectiva" e se opón á información "obxectiva" da partitura.»
F. Joseph Smith.[8]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.