Francisco de Ulloa, desaparecido na costa do Pacífico de Norteamérica en 1540, foi un navegante español que explorou a costa occidental do actual México por mandato de Hernán Cortés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ? España |
Morte | 1540 Océano Pacífico |
País de nacionalidade | española |
Q89547790 | A exploración da costa occidental de México |
Actividade | |
Ocupación | explorador |
Ignórase a data e o lugar do seu nacemento, aínda que é seguro que era español. Sábese que acompañou a Cortés na terceira viaxe de exploración do mar do Sur (océano Pacífico), viaxe na cal Cortés tratou de establecer unha colonia na baía de La Paz, que nomeou como baía da Santa Cruz. Ao retirarse Cortés cara á Nova España, deixouno a cargo do asentamento, cargo que ostentou até que o vicerrei Antonio de Mendoza y Pacheco ordenou que se abandonase a colonia e regresasen os colonos á Nova España.
Exploración do golfo de California
Ulloa Foi o primeiro europeo que explorou todo o golfo de California e percorreu ambos os litorais do golfo en 1539.
Hernán Cortés, que xa patrocinara tres viaxes fracasadas de exploración do mar do Sur, decidiu enviar nunha cuarta viaxe de exploración ao mando de Francisco de Ulloa en 1539. Partiu a expedición do porto de Acapulco o 8 de xullo do citado ano a bordo dos barcos Santo Tomás, Santa Águeda e Trinidad. Á altura das illas Marías víronse obrigados a abandonar o navío Santo Tomás, continuando a viaxe de exploración nos dous buques restantes.
Chegaron o golfo de California e visitaron na viaxe de ida e volta a abandonada poboación da Santa Cruz, coñecida actualmente como La Paz. Acadaron o extremo norte do golfo o 28 de setembro, ao que se coñece actualmente como desembocadura do Río Colorado e chamaron á boca do río Ancón de San Andrés, levantándose unha breve acta cuxo texto se transcribe:
Eu, Pedro de Palenzia, escribano público desta armada, dou fe e verdadeiro testimonio a todos os señores que a presente veren, a quens Deus o noso señor garde de mal, como a vinte e oito días do mes de setembre de mil e quiñentos e trinta e nove anos, o moi magnífico señor Francisco de Ulloa, tenente de gobernador e capitán desta armada polo ilustrísimo señor Marqués del Valle de Guajaca (Oaxaca), tomou posesión no ancón de San Andrés e mar vermella, que está na costa desta Nova España cara ao Norte, que está na altura de trinta e tres graos e medio, polo dito Sr. Marqués del Valle en nome do Emperador noso rei de Castela, actual e realmente, poñendo man á espada, decindo que se había algunha persoa que o contradicise, que el estaba presto para o defender, cortando con ela árbores, arrincando herbas, meneando pedras dunha parte a outra, e sacando auga da mar; todo en sinal de posesión.
Testemuñas presentes ao que digo foron os reverendos padres do señor San Francisco, o padre frei Raimundo, o padre frei Antonio de Mena, Francisco de Terrazas, o vedor Diego de Haro e Gabriel Márquez. En data día mes e ano susodito. E eu Pedro de Palenzia, escribano público desta armada, escribina segundo ante min pasou; por ende fixen aquí este signo meu, que é tal, en testemuña de verdade.- Pedro de Palencia, escribano público. Frater Ramundus Alilius, Frater Antonius de Mena, - Gabriel Márquez. - Diego de Haro. -Francisco de Terrazas.Pedro de Palencia
O seu legado
- Véxase tamén: Estreito de Anián.
Francisco de Ulloa foi o primeiro europeo que percorreu as costas dos hoxe estados mexicanos de Baixa California e Sonora, así como o Alto Golfo de California até chegar á desembocadura do río Colorado, á cal nomeou como Ancón de San Andrés, dobrou o cabo San Lucas e percorreu o litoral do océano Pacífico até chegar á illa de Cedros no actual estado de Baixa California, sendo o primeiro europeo en chegar alí.
Foi Ulloa quen, ao percorrer o Alto Golfo de California, estableceu correctamente que a península de California non era unha illa, como crían equivocamente desde o primeiro descubrimento desas tierras por Fortún Jiménez Juan de Fuca e o propio Hernán Cortés. Ulloa chegou á conclusión de que o golfo de California era o punto máis austral dun estreito que supostamente conectaría o Pacífico co golfo de San Lourenzo. A súa viaxe, porén, consolidou a noción da illa de California e supuxo o comezo da busxa dese suposto estreito de Anián. O estreito probabelmente tomou este nome de Ania, ou Anián, unha provincia chinesa mencionada nunha tradución de 1559 do libro de Marco Polo Le Divisament dou monde, e que aparece por primeira vez nun mapa publicado polo cartógrafo italiano Giacomo Gastaldi contra 1562. Cinco anos máis tarde, Bolognini Zaltieri publicou un mapa que mostraba un angosto e tortuoso estreito de Anián que unía Asia con América. Este estreito creceu na imaxinación europea como unha vía marítima fácil que uniría Europa coa residencia de Jaghan (o Gran Khan) en Catay (China norte). Orixinariamente foi situado aproximadamente na latitude da actual San Diego (California).
Aínda que os seus descubrimentos demostraran que Baixa California é unha península, as lendas e os mapas que representan a California como unha illa (a chamada illa de California) persistiron intermitentemente até o século XVIII.
Segundo Bernal Díaz del Castillo, Ulloa foi acoitelado a morte en 1540. Segundo outras fontes, o seu barco perdeuse sen rastro durante a viaxe de regreso desde a Baixa California. Supostamente o seu barco foi arrastrado cara ao interior por un tsunami, e máis tarde pasou a ser coñecido como «o barco perdido do deserto».[1]
Foi Ulloa o descubridor da Alta California?
Na páxina web do historiador Carlos López Urrutia hai un ensaio titulado El Real Ejército de California no que se pode ler o seguinte:
Até que latitude chegou Ulloa na súa viaxe na busca do estreito de Anián? A cartografía da época indica que até uns 160 km ao norte da illa de Cedros, e nisto baseáronse a maioría dos historiadores para desestimar as exploracións de Ulloa cara ao norte. Bernal Díaz di que Ulloa volveu a Manzanillo e, en documentos legais de España, Cortés refírese a el como se aínda vivira en 1543.
Existe, porén, a declaración do piloto da Trinidad, Pablo Salvador Hernández, que volveu a Acapulco nun bote despois de varios meses de navegación. Hernández declarou baixo xuramento que a Trinidad tivo que se abandonar ante a morte da maioría da tripulación en agosto de 1540. Logo de se embarcar nun bote, dixo que vogara até Acapulco, unha viaxe de case dúas mil millas mariñas! O Dr. J. J. Markey de Oceanside, lugar situado a uns 60 km ao norte de San Diego, California, basáendose nas indicacións de Hernández e nun mapa adxunto, logrou en 1957 encontrar enterrado un zurrón con case dúas mil moedas españolas, seis esqueletos e unha caveira de raza europea que o departamento de Antropoloxía da Universidade de California nos Ánxeles determinou ter polo menos 400 anos.
Estes feitos parecen confirmar que Ulloa foi o descubridor da Alta California.Carlos López Urrutia
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.