político colombiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco José de Paula Santander Omaña, nado en Villa del Rosario de Cúcuta o 2 de abril de 1792 e finado en Bogotá o 6 de maio de 1840, foi un militar e político colombiano, soado pola súa participación no proceso de independencia respecto do Imperio Español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1780 Villa del Rosario, Colombia |
Morte | 6 de marzo de 1840 (59 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | colelitíase |
Lugar de sepultura | Cemiterio Central de Bogotá |
Presidente de Colombia | |
7 de outubro de 1832 – 1 de abril de 1837 ← José Ignacio de Márquez – José Ignacio de Márquez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santo Tomás Colexio Maior de San Bartolomeu |
Actividade | |
Ocupación | político |
Profesores | José Joaquín de Olmedo |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de terra |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Cónxuxe | Sixta Pontón de Santander |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Santander participou na guerra que se librou contra as forzas centralistas en 1813. Máis tarde foi un dos principais organizadores da campaña de resistencia contra a reconquista española, que deu a liberdade definitiva á Nova Granada. Tamén, interveu nas concluíntes batallas do Pantano de Vargas e de Boyacá, en 1819.[1]
Coñecido como O Home das leis e o Organizador da vitoria, Santander foi Vicepresidente da Gran Colombia no período de 1819 a 1827 (Encargado do poder executivo) e Presidente da República da Nova Granada entre 1832 e 1837.[2]
Santander construíu o primeiro sistema de educación pública de Colombia ó pular pola creación de escolas e universidades.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.