toureiro español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Rivera Pérez, coñecido como Paquirri, nado en Zahara de los Atunes (Cádiz) o 5 de marzo de 1948 e finado en Cerro Muriano (Córdoba) o 26 de setembro de 1984, foi un toureiro español. Morreu por unha cornada recibida do touro chamado Avispado na praza de touros de Pozoblanco, na provincia de Córdoba.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de marzo de 1948 Zahara de los Atunes, España |
Morte | 26 de setembro de 1984 (36 anos) Córdoba, España |
Causa da morte | morte por cornada de touro, ferida por hasta de touro cornada |
Lugar de sepultura | cemiterio de San Fernando en Sevilla |
Outros nomes | Paquirri |
Actividade | |
Ocupación | matador, toureiro |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel Pantoja (1983–1984), morte Carmina Ordóñez (1973–1979), divorcio |
Fillos | Francisco Rivera Ordóñez () Carmina Ordóñez Cayetano Rivera () Carmina Ordóñez Kiko Rivera () Isabel Pantoja |
Irmáns | José Rivera "Riverita" |
Parentes | Cayetana Fitz-James Stuart, consogro |
Cronoloxía | |
Alternativa (tauromaquia) (pt) | |
confirmación de alternativa (en) | |
Era fillo de Agustina Núñez Pérez (1922-1977) e do novillero Antonio Rivera Alvarado (1920-2009) quen era o encargado do matadoiro municipal de Barbate, onde Paquirri e o seu irmán o tamén matador José Rivera «Riverita» comezaron a tourear. Creceu preto de ambientes toureiros. Recibiu influencias de Rafael Gómez Ortega "El Gallo", e de Miguelín.
Criouse en Barbate e alí tivo lugar o seu debut, o 16 de agosto de 1962, data na que se enfrontou con reses de Núñez Polavieja. En 1964 interveu na súa primeira novillada na praza de touros de Cádiz. En Sevilla o 1 de maio de 1966 cortou tres orellas nunha novillada na que lle acompañaron Pepe Luis Segura e Manolo Sanlúcar.
Tomou a alternativa como matador de touros na Praza Monumental de Barcelona o 17 de xullo de 1966 actuando como padriño Paco Camino e a confirmación celebrouse en Madrid o 18 de maio de 1967.
O 26 de setembro de 1984 na praza de Pozoblanco (Córdoba), compartindo cartel co Yiyo e El Soro, foi collido polo touro Avispado, da gandería de Sayalero y Bandrés. A cornada rompeulle as veas ilíaca, safena e a arteria femoral.
A cámara de Antonio Salmoral rexistrou a traxedia e mesmo escenas do toureiro falando na enfermería. Paquirri, aínda consciente, e cunha notable tranquilidade, dadas as circunstancias, explicaba ao doutor Eliseo Morán o tamaño e a traxectoria da ferida: «Doutor, eu quero falar con vostede ou non me vou a quedar tranquilo. A cornada é forte. Ten polo menos dúas traxectorias, unha para acá e outra cara alá. Abra todo o que teña que abrir, o demais está nas súas mans. E tranquilo, doutor».
O toureiro non puido ser ben atendido debido ás limitacións da enfermería e, sen poder conterlle a hemorraxia, faleceu cando percorría o 93 km que lle separaban do Hospital Reina Sofía de Córdoba, en plena estrada N-432, á altura de Cerro Muriano. Nun intento desesperado, continuouse viaxe ata o Hospital Militar, o máis próximo, coa esperanza de conseguir reanimalo alí, con todo, nada se puido facer por reverter a parada cardiorrespiratoria que sufrira.
Dous días despois, miles de persoas déronlle o último adeus na Praza de La Maestranza de Sevilla. Foi enterrado no Cemiterio de San Fernando, na capital andaluza.[1]
Aquel cartel foi chamado "o Cartel maldito de Pozoblanco", pola morte do Yiyo once meses despois en circunstancias similares, e o collida ano máis tarde de El Soro que sufriría unha lesión de xeonllo que o retirou da profesión para sempre. Paquirri e o Yiyo seguen sendo ata a data os dous últimos toureiros en morrer nunha corrida en España.
Aínda que segundo o médico que o atendeu, a cornada non era mortal, Paquirri faleceu no traslado desde Pozoblanco ao hospital de Córdoba. A súa morte debeuse a un fatal cúmulo de circunstancias: os servizos sanitarios con que contaba a praza eran moi limitados, foi trasladado nunha ambulancia convencional e a estrada que unía ambas as localidades estaba en malas condicións. A transcendencia que a súa morte tivo na prensa contribuíu a cambiar a lexislación de espectáculos taurinos obrigando a que as prazas de todas as categorías dispuxesen de unidades UVI móbiles, e a que as prazas de 1ª e 2ª categorías contasen con quirófanos convenientemente equipados.
Contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1973 con Carmen Ordóñez, filla do matador Antonio Ordóñez, na basílica de San Francisco el Grande de Madrid. Froito deste matrimonio naceron dous fillos (ambos os dous toureiros): Francisco e Cayetano. Paquirri e Carmen puxeron fin ao seu matrimonio en 1979.
O 30 de abril de 1983 volveu casar, nesta ocasión coa cantante Isabel Pantoja, na basílica de Jesús del Gran Poder de Sevilla. Este matrimonio só tivo un fillo: Francisco José Rivera Pantoja, alcumado Paquirrín e coñecido como Kiko Rivera.
Mantivo unha relación con Lolita Flores, filla de Lola Flores, e tamén con Bárbara Rey.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.