From Wikipedia, the free encyclopedia
Carmen Cayetana Ordóñez González, máis coñecida como Carmina Ordóñez, nada en Sevilla o 2 de maio de 1955 e finada en Madrid o 23 de xullo de 2004, foi unha muller protagonista da prensa do corazón.
Nome orixinal | (es) Carmen Ordóñez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) María del Carmen Cayetana Ordóñez González 2 de maio de 1955 Sevilla, España |
Morte | 23 de xullo de 2004 (49 anos) Madrid, España |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | El Rocío Tánxer |
País de nacionalidade | Española |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Liceo Francés de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | modelo, executiva de relações públicas (pt) , socialité, xornalista |
Familia | |
Cónxuxe | Francisco Rivera (1973-1979) Julián Contreras (1984-1994) Ernesto Neyra (1997-1999) |
Fillos | Francisco Rivera Ordóñez Cayetano Rivera Ordóñez Julián Contreras Ordóñez |
Pai | Antonio Ordóñez |
Parentes | José González Lucas, maternal uncle Luis Miguel Dominguín, maternal uncle Domingo González Mateos, avó materno Cayetano Ordóñez, avó paterno |
Pertencente a unha familia de soados toureiros, Carmina naceu en Sevilla, filla do toureiro Antonio Ordóñez (1932-1998) e de Carmen González Lucas "Carmina Dominguín" (1928-1982). Era neta dos recoñecidos toureiros Cayetano Ordóñez "Niño de la Palma" e Domingo Dominguín e sobriña de Luis Miguel Dominguín. Tivo unha irmá máis nova, Ana Belén Ordóñez González (1956-2012).[1]
A súa infancia desenvolveuse nun ambiente marcadamente andaluz e taurino, xa que con frecuencia acompañaba ao seu pai (que a chamaba "Carmuca") tanto ás preparacións do toureiro como ás corridas. Foi nunha destas corridas onde coñeceu ao que foi o seu primeiro marido, o toureiro Francisco Rivera "Paquirri", con quen contraeu matrimonio o 16 de febreiro de 1973 na basílica de San Francisco o Grande de Madrid e co que tivo dous fillos: Francisco e Cayetano Rivera Ordóñez, ambos os dous toureiros de profesión. Por aquel entón, xa era habitual ver a Carmina nas revistas do corazón.
No ano 1979 separouse de Paquirri e o seu matrimonio foi declarado nulo. Anos máis tarde coñeceu ao cantautor Julián Contreras Rodríguez, con quen contraeu matrimonio en 1984.
Tras a morte do toureiro Francisco Rivera "Paquirri", Carmina encerellouse nunha batalla legal contra a segunda esposa do seu ex marido, Isabel Pantoja, coa que se enfrontou pola herdanza do matador. Ata a data da súa morte, Carmina Ordóñez sempre mantivo que a tonadilleira levou máis do que supostamente lle correspondía, aínda que hai que ter en conta que o seu matrimonio co toureiro foi declarado nulo e os seus fillos, por tanto, pasaron a ser fillos putativos. Entre os artigos que se disputaban coa tonadilleira estaba o traxe de luces co que Paquirri tomara a alternativa.
En 1990, Carmina decidiu trasladarse a vivir co seu segundo marido e o seu terceiro fillo a Marrakech (Marrocos), un lugar que lle marcou desde nena e do que sempre estivo namorada. Con todo, en 1994 separouse de Julián Contreras e decidiu volver instalarse en España.
En 1997, Carmina contraeu matrimonio co seu terceiro e último marido, o bailarín Ernesto Neyra Almodóvar, o 19 de xaneiro de 1962, do que se separaría dous anos despois. Dous anos antes de morrer, en 2002, Carmina afirmou sufrir malos tratos[2] por parte de Neyra, sempre negados por el.
Traballou no programa A tu lado, da cadea Telecinco.
Morreu en Madrid o 23 de xullo de 2004, tras un accidente na bañeira. Foi incinerada e as súas cinzas repartíronse entre El Rocío e Tánxer.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.