químico e farmacéutico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Bermejo Martínez, nado na Coruña o 17 de novembro de 1919[1][2] e finado en Santiago de Compostela o 3 de xuño de 1992,[2] foi un químico e farmacéutico galego, catedrático de Química analítica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi profesor emérito.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1919 A Coruña, España |
Morte | 3 de xuño de 1992 (72 anos) Santiago de Compostela, España |
Causa da morte | Insuficiencia renal |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Formación profesional | Licenciado en Farmacia, licenciado en Ciencias, doutor en Ciencias |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | profesor de Farmacia, profesor de Química anatítica, catedrático de Química analítica |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Lingua | Castelán |
Familia | |
Fillos | Xosé Carlos Bermejo Barrera, Pilar Bermejo Barrera |
Licenciouse en Ciencias Químicas e en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en Ciencias na Universidade Central de Madrid en 1944.[1][2]
Desde 1944 a 1948 foi profesor axudante na Facultade de Farmacia compostelá, e despois, por oposición, gañou a praza de profesor adxunto de Química analítica da Facultade de Ciencias da USC e, finalmente, en 1951, a de catedrático de dita disciplina da Universidade de Oviedo, de onde pasou por concurso de traslado á de Santiago, onde exerceu a docencia desde o curso 1951-1952 até a súa xubilación.[1][2]
Traballou na Sección de Química Analítica do Instituto Alonso Barba e no Instituto de Edafoloxía, ambos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de Madrid, do que foi profesor agregado. Máis tarde foi xefe da sección de Química Analítica do Padroado Alfonso el Sabio, tamén do CSIC, da Facultade de Ciencias de Santiago. Nas súas investigacións especializouse no estudo das aplicacións dos quelatos á química analítica (especialmente do AEDT).[1]
Nos últimos tempos, o profesor Bermejo Martínez ocupouse tamén do estudo da contaminación e da ecoloxía, temas que tratou en distintas conferencias, así como en diversos artigos publicados na prensa galega.[3] En 1970 foi elixido presidente da Sección Técnica da Auga e da Contaminación Ambiental da Asociación nacional de químicos e enxeñeiros químicos de España (ANQUE) en Galicia.[1]
Neste sentido cómpre resaltar que en 1974 foi un dos membros fundadores da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), formando parte da súa primeira xunta directiva.[4]
Foi director da biblioteca da Facultade de Ciencias da USC, e editor da revista Acta Científica Compostelana.[1]
Foi membro de numerosas sociedades científicas, como as:[1]
Así mesmo formou parte do comité de redacción da revista Talanta, órgano da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC).
O doutor Bermejo Martínez publicou 65 artigos en revistas científicas, 11 artigos en libros colectivos e 10 libros. Ademais, dirixiu 36 teses de doutoramento.[5]
Casado con Antonia Barrera Ramallo, foi o pai de Pilar, Gerardo, Javier, Jacobo, Teresa, Mercedes, Ana, Adela e Xosé Carlos Bermejo Barrera.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.