programadora da Computadora ENIAC From Wikipedia, the free encyclopedia
Frances Bilas Spence, nada en Filadelfia o 2 de marzo de 1922 e finada o 18 de xullo de 2012,[1] foi unha das programadoras orixinais da Computadora ENIAC.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1922 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de xullo de 2012 (90 anos) |
Educación | Chestnut Hill College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemático |
Ocupación | matemática, informática teórica, programadora, enxeñeira, física |
Empregador | Moore School of Electrical Engineering (en) |
Premios | |
| |
O seu pai era enxeñeiro e a súa nai mestra, ambos no sector da educación.[3] Estudou na Universidade Amorne, onde gañou unha bolsa para o Chestnut Hill College. Graduouse en Matemáticas con orientación en física no ano 1942. Mentres estudaba coñeceu a Kathleen McNulty, quen tamén se converteu logo nunha das seis mulleres que programaron ENIAC. McNulty e Spence foron empregadas na Moore School of Engineering para traballar en cálculo de traxectorias balísticas. Ambas foron seleccionadas para ser parte do primeiro equipo de programadores de ENIAC, unha máquina deseñada especialmente para realizar este tipo de cálculos. Este grupo estaba formado por Jean Jennings Bartik, Betty Snyder Holberton, Ruth Lichterman Teitelbaum, Kathleen McNulty Mauchly Antonelli e Marlyn Wescoff Meltzer.[4]
En 1947, un ano despois da presentación en sociedade da Máquina ENIAC, Frances casou e ao pouco renunciou ao seu posto.
En 1997, Frances foi incluída no Women in Technology International Hall of Fame, xunto as súas compañeiras da ENIAC.[5] O seu traballo achando o camiño para as computadoras electrónicas do futuro, e a súa innovación puxo en marcha o auxe da computación electrónica e a programación de computadoras na era posterior á segunda guerra mundial.[6]
O equipo ENIAC inspirou o galardoado documental de 2013 The Computers. Este documental, creado por Kathy Kleiman e o proxecto de programadores ENIAC, combina imaxes reais do equipo de ENIAC da década de 1940 con entrevistas cos membros do equipo feminino, xa que reflicten o seu tempo traballando xuntos.[7] É o primeiro documental dunha serie de tres partes, The Coders e The Future-Maker son as seguintes.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.