Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
François VI, duque de La Rochefoucauld, nado en París o 15 de setembro de 1613 e finado na mesma cidade o 17 de marzo de 1680, foi un escritor, aristócrata, político, militar, poeta e filósofo francés, coñecido, sobre todo, polas súas máximas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1613 París, Francia |
Morte | 17 de marzo de 1680 (66 anos) París (Francia) |
Educación | Prytanée National Militaire (pt) |
Actividade | |
Ocupación | memorialista, escritor, militar |
Participou en | |
La Société du Samedi (en) | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Duque |
Familia | House of La Rochefoucauld (en) |
Cónxuxe | Andrée de Vivonne (1628–) |
Parella | Anne-Geneviève de Bourbon-Condé |
Fillos | François VII de La Rochefoucauld () Andrée de Vivonne Charles-Paris d'Orléans-Longueville () Henri d'Orléans, duc de LonguevilleAnne-Geneviève de Bourbon-Condé |
Pais | François V de La Rochefoucauld e Gabrielle du Plessis-Liancourt |
Parentes | Fabio Brulart de Sillery, sobriño |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Como todos os primoxénitos da casa de La Rochefoucauld, recibiu o nome de François en honra a Francisco I e, dende o seu nacemento, xa era Príncipe de Marcillac en tanto que herdeiro do ducado de La Rochefoucauld. Os seus estudos non foron moitos xa que os abandonou aos dezaseis anos para alistarse na mariña e, inmediatamente, comezou a darse a coñecer na vida pública. Foi casado nominalmente aos catorce anos[1] con Andrée de Vivonne[2] que, ao parecer, o adoraba, antes de que se vise implicada nun escándalo. Durante algúns anos, La Rochefoucauld participou en diferentes batallas militares nas que amosou unha gran valentía, aínda que nunca logrou a consideración dos seus capitáns. Comezou entón a frecuentar a contorna de Marie de Rohan, a primeira das tres mulleres soadas que terían, sucesivamente, unha grande influencia na súa vida.
Por mediación de Marie de Rohan, achegouse á raíña Ana de Austria colaborando nas numerosas intrigas levadas a cabo contra o cardeal Richelieu. Con todo, estas non tiveron ningún éxito, foi desterrado en varias ocasións e, en 1637 foi encerrado na Bastilla durante oito días. Despois diso tivo que retirarse aos dominios do seu pai. En 1642, trala morte de Richelieu, a situación pareceu volverse máis favorable para a ambición que animaba a metade da nobreza de Francia. La Rochefoucauld tivo un papel importante tomando parte activa na reconciliación da raíña con Condé, participando nunha liga contra Gastón, duque de Orleáns. Non obstante, a crecente influencia de Mazarin supuxo un obstáculo e a amizade que mantiña cara a 1645 coa duquesa Ana de Longueville inclinouno, definitivamente, polos ideais da Fronda onde interveu de forma moi activa, e chegou a ostentar un dos principais graos do exército rebelde. Interveu de xeito destacable no asalto de París, baténdose valentemente nos combates e foi gravemente ferido no asedio de Mardyke.[3]
No segundo asedio da Fronda, La Rochefoucauld correu a mesma sorte que Condé. Trala morte do seu pai, en 1650 produciuse un incidente característico. A nobreza das provincias reuniuse para asistir aos funerais e o novo duque de La Rochefoucauld tentou convencelos para unirse a el e enfrontarse á gornición de Saumur, o que non conseguiu. Participou, despois, en diversas accións da Fronda sen demasiada fortuna e, na batalla da Faubourg Saint Antoine (1652), foi ferido na cabeza chegándose a temer pola perda da súa vista. Precisou dun ano para recuperarse, que pasou na cidade de Verteuil. Tras vinte anos pasados en diferentes combates, atopouse cunha saúde moi debilitada, unha fortuna diminuída e moitos conflitos con todos aqueles que agora tiñan algún poder no Estado. Permaneceu algúns anos retirado e recuperouse, especialmente grazas á axuda de Gourville que estivo ao seu servizo despois de estar ao servizo de Mazarin e Condé, co que obtivo fortuna e influencias. La Rochefoucauld volveu á corte despois do falecemento de Mazarin.
A partir de entón dedicouse a levar unha existencia totalmente mundana frecuentando asiduamente todos os salóns, especialmente o salón de Madeleine de Sablé membro da contorna de Rambouillet e fundadora de varios salóns. La Rochefoucauld pasou os seus anos de retiro escribindo as súas Memorias que foron publicadas, clandestina e parcialmente, en 1662, en Bruxelas polos Elzevires. A súa publicación causou un tremendo balbordo e moitos dos seus amigos sentíronse fondamente ofendidos por canto afectaban a súa reputación, aínda que el apresurouse a negar que estas fosen auténticas.[3] Tres anos máis tarde publicou as súas Reflexións ou sentenzas e máximas morais, clásico da aforística universal, que o situaron, de golpe, entre os máis grandes escritores da época., which established his position among the men of letters of the time.[4] Pouco despois iniciou a súa amizade con Madame de La Fayette que durou ata o final dos seus días.
Mantivo un círculo de amigos ferventes tanto nos salóns como na corte, foi recoñecido como un moralista e escritor de gran valía, claro e conciso, perfecto coñecedor da aristocracia francesa do século XVII. Morreu de gota en 1680;[3] o seu fillo, o Príncipe de Marcillac, ao que cedeu pouco antes da súa morte todos os seus títulos e honras, gozou dunha posición superior na Corte.[5]
Como a maior parte dos seus contemporáneos, consideraba a política como un xogo de xadrez. Denuncia interminable de todas as aparencias de virtude, as Máximas anunciaban o fin do ideal do heroe corneilleano.
Algúns autores considérano a fonte de inspiración de Mandeville, autor da fábula das abellas, "cuxa filosofía podería ser resumida como unha elaboración da máxima de La Rochefoucault as nosas virtudes son a miúdo vicios disimulados, co a miúdo cambiado por sempre".[6]
Sucedéronse varias edicións das Máximas, antes e despois da morte do autor, aínda que a edición definitiva con setecentos aforismos, non apareceu até 1817.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.