From Wikipedia, the free encyclopedia
Francois Fillon, nado o 4 de marzo de 1954, é un político francés que dende o 17 de maio de 2007 ata o 15 de maio de 2012 ocupou o cargo de Primeiro Ministro de Francia durante a presidencia de Nicolas Sarkozy, formando tres gobernos. O 10 de maio de 2012, tralas eleccións presidencias de 2012, dimitiu. É membro do partido Unión por un Movemento Popular.
Fillon naceu o 4 de marzo de 1954 en Le Mans, no departamento de Sarthe, da rexión dos País do Loira. Provén dunha familia acomodada e gaullista; o seu pai é notario, e a súa nai é unha historiadora de renome de orixe vasca. O seu irmán máis novo é pianista.
Estudou no colexio privado "Saint-Michel-des-Perrais", e no liceo Notre-Dame de Sainte-Croix en Le Mans; e en 1972 graduouse no Bacharelato de Filosofía. Logo continuou os seus estudos na Université du Maine (Universidade de Maine), situada tamén en Lle Mans; obtendo alí unha Mestría en Dereito Público en 1976. Ao ano seguinte obtivo un D.E.A. (Diploma de Estudos Avanzados) en Dereito Público na Université René Descartes (tamén coñecida como Université Paris V) de París; e outro D.E.A. en Ciencias Políticas na Fundación Nacional de Ciencias Políticas.
Predecesor: Dominique de Villepin |
Primeiro Ministro de Francia 2007 - 2012 |
Sucesor: Jean-Marc Ayrault |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: François Fillon |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.