Fosfocolina

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Fosfocolina

A fosfocolina ou fosforilcolina é unha molécula intermediaria na síntese dos fosfolípidos fosfatidilcolina e esfingomielina nas células animais. A fosfocolina está formada pola colina unida a un fosfato [1].

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Fosfocolina
Thumb
Thumb
Identificadores
Número CAS 107-73-3
PubChem 1014
MeSH Phosphocholine
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C5H15NO4P+
Masa molecular 184,151 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Pechar

Orixínase nunha reacción catalizada polo encima colina quinase, que converte ATP + colina en fosfocolina e ADP. Despois a fosfocolina reaccióna co CTP orixinando CDP-colina, e noutra reacción encimática transfírese a fosfocolina a un diacilglicérido formando a fosfatidilcolina e CMP libre.

A fosfocolina pode transferirse dunha fosfatidilcolina a unha ceramida, orixinando unha esfingomielina.

Nos nematodos e na placenta humana a fosfocolina pode utilizarse como unha modificación postraducional para suprimir a resposta inmune no hospedador.[2][3]

A fosfocolina é tamén unha das dianas á que se unen as proteínas C-reactivas (CRP).[4] Cando as células están danadas, as proteínas C-reactivas únense á fosfocolina dando inicio ao recoñecemento celular e á resposta inmunolóxica fagocítica.

A fosfocolina como grupo funcional (fosforilcolina) forma parte de diversos produtos aplicados en doenzas cardíacas tratadas con stents.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.