Remove ads

Unha formación rochosa, en xeomorfoloxía, é un accidente que describe afloramentos rochosos illados, que en xeral destacan polas súas cualidades paisaxísticas. Son xeralmente o resultado da meteorización e a erosión que foron esculpindo a rocha existente. O termo pode referirse tamén a determinados estratos sedimentarios ou a unha unidade de rocha noutros estudos estratigráficos e petrolóxicos.

Thumb
Raouché ou rocha das Pombas, en Beirut, Líbano.
Thumb
Arco Druída no Parque nacional de Canyonlands, Utah, EUA.
Thumb
Pirámides de fadas en Đavolja Varoš (a Cidade do demo) Serbia.
Thumb
Montaña Aleluia de Avatar en Wulingyuan, China.

Pode orixinarse unha estrutura rochosa peculiar en calquera tipo ou combinación de rochas:

  • As rochas sedimentarias foron creadas a partir de fragmentos de rochas que se desprenderon doutras rochas por erosión eólica e hídrica, e que logo foron depositados polo vento, o xeo ou a auga. A erosión deixounas expostas logo na súa forma actual. Un exemplo son as formacións do Parque nacional do Canyon Bryce, en Utah.
  • As rochas metamórficas creáronse por rochas que se transformaron noutro tipo de rochas, xeralmente debido á calor e presión. Un exemplo son as Seneca Rocks en Virxinia Occidental.
  • As rochas ígneas creáronse cando a rocha fundida arrefriou e solidificou, con ou sen cristalización. Poden ser plutónicas ou extrusivas. De novo, foron as forzas erosivas as que esculpiron as súas formas actuais. Un exemplo é o Half Dome do Parque nacional de Yosemite.

Os xeólogos crearon unha serie de termos para describir as diferentes estruturas de rochas na paisaxe que se poden formar por procesos naturais, moitas delas de uso local que describen accidentes xeomorfolóxicos máis ou menos similares con certas particularidades rexionais:

  • Inselberg (do alemán 'montaña illa'), accidente do relevo residual. Pode ser tanto un outeiro illado, coma unha pequena elevación, crista ou pequena montaña que se eleva abruptamente, ou unha illa, e ten unha suave pendente ou está practicamente ao mesmo nivel do mar que a rodea. Uluru/Ayers Rock, en Australia, é un exemplo salientable.
  • Pico piramidal (horn)
  • Farallón ou stack
  • Mesa (xeomorfoloxía)
  • Butte
  • Escarpa
  • Barranco
  • Acantilado (mariño ou de río)
  • Río de pedras
  • Promontorio
  • Tor
Remove ads

Formación rochosa, afloramento rochoso e formación xeolóxica

Un afloramento é simplemente as rochas non cubertas por un solo ou outras rochas, un lugar onde estas poden verse. O concepto de formación rochosa non é sinónimo de afloramento, aínda que todas as formacións rochosas son afloramentos de rochas. Unha formación rochosa, para os xeomorfólogos, é un lugar con rochas que presentan algunha peculiaridade xeomorfolóxica ou paisaxística, mentres que un afloramento rochoso corresponde a calquera rocha in situ visible en superficie, teña peculiaridades ou non as teña.

Tampouco se debe confundir formación rochosa con formación xeolóxica, que é unha área con características litolóxicas determinadas comúns, que pode ter bastante extensión.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads