From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha capa xerminativa, capa xerminal, capa embrional, folla embrionaria ou folla blastodérmica, é un conxunto de células formadas durante a embrioxénese dos animais a partir das cales se orixinarán os tecidos e órganos do adulto.
Todos os animais máis complexos que as esponxas producen dúas ou tres capas de tecidos primarios.
Os animais con simetría radiada, como os cnidarios, teñen dúas, denominadas ectoderma e endoderma.
Os animais con simetría bilateral producen unha terceira capa situada entre as dúas anteriores, o mesoderma.
As capas xerminativas orixinarán os tecidos e órganos durante o proceso de organoxénese.
A aceptación da xeneralidade e importancia das capas xerminativas data do século XIX. Christian Pander (1817) foi o primeiro en recoñecelas en embrións de polo. En 1825 Martin Heinrich Rathke identificou follas embrionarias equivalentes en crustáceos. En 1828 Karl Ernst von Baer descubriunas nos embrións doutros vertebrados. En 1849 Julian Huxley mostrou que as follas externas e internas dos vertebrados eran homólogas ás dúas capas dos celenterados. En 1877 Ray Lankester, inspirado na teoría de Ernst Haeckel sobre a Gastraea, un hipotético antepasado común a todos os metazoos, dividiu o reino animal en tres grandes grupos en función do número de capas xerminativas: homoblásticos (protozoos), diploblásticos (celentéreos) e triploblásticos (o resto dos animais).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.