Remove ads
baloncestista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Florent Marius Piétrus, nado o 19 de xaneiro de 1981 en Les Abymes, Guadalupe, é un ex xogador profesional de baloncesto francés. Cunha estatura de 2,02 metros xogaba na posición de ala-pivote. O seu irmán máis novo, Mickaël Piétrus, xogou na National Basketball Association (NBA).
Piétrus comezou a súa carreira no Élan Béarnais Pau-Orthez da LNB Pro A francesa (1999–04). Presentouse ó Draft da NBA de 2003 pero non foi seleccionado. Dende entón, xogou na Liga ACB para o Baloncesto Málaga (2004–07), CB Estudiantes (2007–08), Valencia Basket (2008–10), Saski Baskonia (2010), e outra vez co Valencia (2010–13).
O 22 de xullo de 2013, Piétrus asinou co SLUC Nancy da LNB Pro A.[1] En 2016 asinou co BCM Gravelines francés. O 1 de setembro de 2017, Piétrus asinou un contrato de curta duración co Levallois Metropolitans.[2] O 3 de febreiro de 2018, asinou co SIG Strasbourg para o resto da tempada.[3] O 9 de xullo de 2018, Piétrus renovou o seu contrato co Strasbourg unha tempada máis. [4]
O 12 de xaneiro de 2020, asinou co Orléans Loiret Basket da LNB Pro A. [5]
O 9 de setembro de 2020, Piétrus anunciou a súa retirada do baloncesto profesional ós 39 anos de idade.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.