From Wikipedia, the free encyclopedia
O flanger é un efecto de son que produce un son característico metalizado oscilante, sobre todo en frecuencias medias e altas. O efecto flanger obtense duplicando a onda sonora orixinal; unha das ondas mantense limpa de procesado, mentres que á segunda se lle aplica un delay (atraso) de entre 5 e 25 milisegundos, co que se crea un efecto de comb filter (filtro de peite), que actúa respectando os harmónicos.
Este efecto ten a súa orixe nas gravacións magnetofónicas en cinta aberta. Consiste en mesturar o sinal orixinal cunha copia retardada no tempo, coa particularidade de que o retardo é moi breve pero varía de forma periódica.
Os controis máis comúns nos aparatos de procesado de flanger son:
O flanger, debido ao seu son tan característico é denominado como o efecto de “avión a reacción”, a característica do seu son aínda é máis evidente se se aplica a un ruído branco.
Aínda que a orixe do flanger está nas gravacións magnetofónicas en cinta aberta, na década dos 70 os avances tecnolóxicos fixeron posible crealo nun estado sólido chamado pedal, utilizando a tecnoloxía de circuítos integrados. Estes dispositivos divídense en dúas categorías: analóxica e dixital.
O pedal de flanger máis coñecido é o Electro Harmonix Mistress xunto co BOSS Flanger BF-3. O efecto flanger na maioría dos casos é un efecto dixital e baséase na tecnoloxía DSP.
Este é un dos efectos máis utilizados na actualidade tanto en guitarras coma en baixos eléctricos, e incluso en voces. De feito segundo o historiador Mark Lewisohn foi Lennon o que lle puxo nome a este efecto durante unha gravación, na que este comezou a chamar o proceso ADT como flanger, para pedirlle así a George Martin (produtor de The Beatles) que dobrara a voz dunha canción e así evitar ter que volver gravar outra voz por baixo. The Beatles tiveron tanta influencia que se foi estendendo o termo flanger ata a actualidade. A primeira pista dos Beatles na que se fixo uso deste efecto foi en Tomorrow Never Knows do disco Revolver, que foi gravado o 6 de abril de 1966.[1]
Outros din que foi George Chkiantz, un enxeñeiro empregado dos OLYMPIC STUDIOS en Londres. Nese mesmo ano The Small Faces utilizan na gravación do seu sinxelo Itchcoo Park este efecto.[2]
Así comezou a súa andaina o efecto flanger ata os nosos días, nos que se converteu nun dos efectos máis coñecidos no mercado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.