Filipe, antipapa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Filipe (ou Filipo) foi antipapa durante un só día, o 31 de xullo de 768.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Filipe, antipapa
Biografía
Nacementoséculo VIII
Mortevalor descoñecido
Antipapa sen valor
31 de xullo de 768 – 31 de xullo de 768
Datos persoais
RelixiónCatolicismo
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico
Pechar

Traxectoria

No verán do 768, un grupo de notables conducidos polo primicerio Cristóbal e unha gornición que enviara Desiderio da Lombardía logrou apoderarse do impostor, o antipapa Constantino II, sacáronlle os ollos e encerrárono nun convento[1]. Desiderio aproveitou entón a ocasión para nomear a Filipe, que tiña sobre Constantino a vantaxe de ser monxe. Entronizárono no palacio de Letrán, pero no mesmo día despúxerono. Non resistiu e regresou ao convento de San Vito. Seguidamente os francos elixiron a Estevo IV (ou Estevo III, segundo as numeracions), sacerdote siciliano que tiña asegurado o seu recoñecemento por parte dos sucesores de Pipino o Breve: Carlomagno e Carlomán, outro fillo de Carlos Martel [2].

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.