relixioso e guerrilleiro galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Hoyos, nado en Vigo en 1943 e finado en Guatemala o 13 de xullo de 1982, foi un xesuíta que predicou e loitou en Guatemala seguindo a Teoloxía da liberación.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1943 Vigo, España |
Morte | 13 de xullo de 1982 (39 anos) Huehuetenango, Guatemala |
Causa da morte | morte en combate |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Lugar de traballo | Guatemala |
Ocupación | guerrilleiro, misioneiro |
Membro de | |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Ordenouse xesuíta en 1960 e realizou estudos de Humanidades, Filosofía e Teoloxía en universidades de Salamanca, Múnic, Lovaina e Comillas (Madrid).
Xa formado na Teoloxía da liberación, chegou a Guatemala a comezos dos anos 70 e implicouse decididamente na solidariedade cun pobo privado de dereitos, masacrado polo Exército e en medio dunha pobreza e desigualdade extremas. O seu labor social e educativo deixou unha fonda pegada no país centroamericano. Acabou por se integrar no Exército Guerrilleiro dos Pobres (EGP) e morreu nun enfrontamento armado o 13 de xullo de 1982 sen que o seu corpo aparecese até o día de hoxe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.