político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Felipe Sánchez-Román Gallifa, nado en Madrid o 12 de marzo de 1883 e finado en Cidade de México o 21 de xaneiro de 1956,[1] foi un xurista e político republicano español.
Nome orixinal | (es) Felipe Sánchez Román y Gallifa |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de marzo de 1893 Madrid, España |
Morte | 21 de xaneiro de 1956 (62 anos) Cidade de México |
Ministro sen carteira | |
19 de xullo de 1936 – 19 de xullo de 1936 ← sen valor – Manuel Irujo Ollo → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
8 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Madrid (capital) | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , ministro , avogado , xurista , catedrático |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Felipe Sánchez Román |
Fillo do antigo ministro do mesmo nome.[1] Estudou Dereito e dende 1916 ocupou a cátedra de Dereito Civil na Universidade de Madrid. Comezou a súa actividade política durante a etapa final da ditadura de Primo de Rivera abandonando a súa cátedra universitaria para mostrar a súa oposición ao réxime. Participou na Agrupación al Servicio de la República e pasou a participar activamente no movemento republicano, asistindo ao Pacto de San Sebastián e defendendo a Largo Caballero no xuízo contra o Goberno republicano clandestino.[2]
Nas eleccións a Cortes Constituintes de 1931 foi elixido deputado independente por Madrid dentro da candidatura republicano-socialista, participando en varias comisións nas Cortes, especialmente na Constitucional, no anteproxecto da Lei Electoral e nas discusións sobre os estatutos de autonomía. Ademais presidiu a Comisión da Reforma Agraria. Nas eleccións de 1933 refusou integrarse noutras candidaturas republicanas e presentouse novamente por Madrid en solitario,[3] sen conseguir escano (aínda que obtivo unha votación estimable, uns 27 000 votos, o 5% dos electores).[4] En 1934 fundou o Partido Nacional Republicano de carácter moderado. Para as eleccións de febreiro de 1936 uniuse en principio ao Fronte Popular. Porén, trala entrada do Partido Comunista na coalición, abandonouna e deixou o liderado do seu partido.[2]
O 19 de xullo de 1936 foi nomeado ministro sen carteira no goberno que durante unhas horas presidiu Diego Martínez Barrio.
A depuración como catedrático polo bando franquista, sen lugar a proceso contraditorio ningún, produciuse mediante Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos.[5] Despois da guerra civil tivo que partir ao exilio. Marchou a México onde pasou a ocupar un cargo de asesor da presidencia mexicana ademais de exercer de docente na UNAM. Alí fundou o Instituto de Ciencias Jurídicas.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.