From Wikipedia, the free encyclopedia
A FIAPF (do francés Fedération International des Associations de Producteurs de Films, Federación Internacional de Asociacións de Produtores Cinematográficos) con sede en París, creada en 1933, é unha organización internacional que reúne a 26 asociacións de produtores cinematográficos de 23 estados. O obxectivo da FIAPF é representar os intereses das mesmas con respecto a políticas de dereitos de autor, estándares técnicos e liberdade de comercio. Adicionalmente, ten a función de regular os festivais cinematográficos de todo o mundo, acreditando os mesmos e estabelecendo xerarquías de calidade de acordo a criterios tecnolóxicos e organizativos.
Federación Internacional de Asociacións de Produtores de Filmes | |
---|---|
Acrónimo | FIAPF |
Tipo | organización internacional, federation e organización cinematográfica |
Data de fundación | 1933 |
Sede | Rexión de Bruxelas-Capital |
Na rede | |
http://www.fiapf.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.