lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña From Wikipedia, the free encyclopedia
Fampousa é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao norte con Vilarnovo e Canlís e ao leste con Salvande.
Fampousa | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°57′15″N 8°46′20″O |
Poboación | 31 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tiña 31 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 18 eran mulleres. No 2009 eran 45 persoas rexistradas: 24 homes e 21 mulleres.
Núcleo tradicional concentrado, se ben atópanse algunhas vivendas separadas. No núcleo tradicional alternanse vivendas novas con casa rural de pedra bastante deteriorada.
Existen 9 hórreos catalogados, algún nun mal estado de conservación.
Pequenas hortas e froiteiras nas inmediacións das vivendas. É unha zona de gando ovino con parcelas a pastos e tamén a milleiras. Xa máis afastados hai carballos, piñeiros e eucaliptos.
Servizos | Tipo |
---|---|
Abastecemento auga | Minas e pozo de barrena |
Saneamento | Pozo negro |
Electricidade | Si |
Iluminación pública | Si |
Telefonía | Si |
Recollida lixo | Si |
Transporte | Non |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.