From Wikipedia, the free encyclopedia
Fallout 2 é un videoxogo de rol, orixinalmente para PC, pertencente á saga de Fallout e desenvolvido por Black Isle Studios, foi publicado por Interplay o 30 de setembro de 1998. Trátase dun título de rol postapocalíptico como todo os da saga Fallout. O xogo toma lugar no ano 2241, 80 anos logo dos sucesos de Fallout. Conta a historia do descendente do heroe da primeira entrega, o cal emprende unha busca para salvar a súa tribo da fame e os efectos dos Baldíos, para isto debe conseguir o G.E.C.K (Garden of Eden Creation Kit).[3][4]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Fallout 2 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Black Isle Studios |
Distribuidora(s) | Interplay Entertainment |
Director(es) | Tim Cain[1] Chris Avellone[2] |
Produtor(es) | Brian Fargo Eric DeMilt Fred Hatch |
Deseñador(es) | Chris Avellone[2] Matthew J. Norton |
Escritor(es) | Tim Cain[1] R. Scott Campbell Jason Taylor |
Artista(s) | Gary Platner Jason D. Anderson Leonard Boyarsky |
Compositor(es) | Mark Morgan |
Lanzamento | 30 de setembro do 1998 |
Xénero | Videoxogo de rol e mundo aberto |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | ESRB = M, PEGI = 16, USK = 16 |
Formato(s) | CD-ROM |
Serie | Fallout |
Na rede | |
Web oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O xogo consiste basicamente en viaxar e interactuar cós habitantes dos Baldíos (tamén chamados Ermo, Yermo ou Wastelands). Na busca de completar o noso principal obxectivo van aparecendo misións secundarias así como partes da historia tanto do noso personaxe como do seu ascendente. As decisións do xogador modifican a historia do xogo e darán lugar a distintos finais para cada unha das cidades ou faccións. O xogo tamén po en funcionamento un sistema de Karma, o cal serve para determinar a bondade-maldade do personaxe. Tamén, ao obrar dunha ou outra forma obtense reputación ou fama coas distintas localidades e faccións. O sistema de creación de personaxes está baseado no sistema de puntos SPECIAL (Strength, Perception, Endurance, Charisma, Intelligence, Agility e Luck).
No ano 2241 Arroyo sofre os efectos da radiación. A líder da aldea decide acudir a ti, como elixido da tribo e descendente do primeiro colono de vault 13 (protagonista da primeira entrega do xogo) e eres coñecido como o Elixido (Chosen One). Este encargalle recuperar o Garden of Eden Creation Kit (G.E.C.K) para así poder salvar a aldea. Este dispositivo foi deseñado antes da guerra e é capaz de crear extensas zonas verdes e restaurar parte da destrución reinante nos Baldíos causados pola radiación. O protagonista é deixado á súa sorte con tan só un traxe do Vault pertencente ao seu ascendente, un PipBoy 2000 e unha cantimplora do Vault 13, unha lanza e un pouco de diñeiro. O xogador eventualmente encontra o Vault 13 e o G.E.C.K. Ao regresar á súa aldea encóntrase co lugar devastado e todos os seus habitantes secuestrados polos remanentes do goberno dos Estados Unidos, agora coñecido como o Enclave. A misión principal agora é rescatar aos membros da tribo. Para isto o protagonista debe viaxar á principal base do Enclave, nunha plataforma petrolera, enfrontar ao actual presidente dos Estados Unidos e rescatar aos habitantes do teu pobo: Arroyo.
Fallout 2 recibiu críticas maioritariamente positivas. Metacritic outorgoulle unha puntuación de 86 sobre 100 baseado nunha enquisa.[14] As críticas positivas eloxian maiormente a xogabilidade, a trama e a súa fidelidade como verdadeiro sucesor do primeiro Fallout. Os detractores atacaron principalmente o exceso de Bugs e a falta de desenvolvemento en comparación coa primeira entrega.
Algunhas das versións Non-Norteamericanas, principalmente as versións Europeas foron severamente censuradas. Se ben o título sempre foi polémico polo seu contido de prostitución e alto grado de violencia, esta segunda entrega incluía a aparición de nenos pequenos aos cales o xogador, de así desexalo, podía dispararlles ou matar como quixese. Nas versións Europeas do xogo estes nenos foron eliminados (entre outras cosas) aínda que isto comprometeu a integridade do xogo, chegando a eliminar a posibilidade de realizar varias misións, sobre todo na localidade de Modoc. Os parches realizados maiormente por desenvolvedores independentes permiten hoxe en día actualizar o Fallout 2 Europeo e poder gozar de todo contido censurado como o Americano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.