Fíbula celta

From Wikipedia, the free encyclopedia

Fíbula celta

As fíbulas celtas, tamén chamadas broches penanulares, son tipos de broches fixadores da roupa. Están especialmente asociados co comezo da Alta Idade Media en Irlanda e Britania, malia ter sido atopados noutros tempos e lugares, como por exemplo, formando parte do vestido feminino tradicional en áreas da moderna norte de África.

Thumb
Fíbula en prata do período viquingo
Thumb
O broche Rogart, Museo Nacional de Escocia, FC2. Broche penanular dos pictos, en Escocia, século VIII, prata con ouro e cristal. Clasificadas como Fowler tipo H3..[1]

Eran útiles propios da Idade de Ferro e da era romana, e están especialmente asociadas cos broches ornamentados producidos en metal precioso para as elites de Irlanda e Escocia (anos 700-900). Son os obxectos máis importantes da metalurxia medieval de alta calidade, e forman parte da arte celta e da arte insular.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.