Remove ads
Primeiro satélite artificial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
O Explorer I ou Explorer 1, oficialmente Satellite 1958 Alpha, foi o primeiro satélite artificial posto en órbita terrestre polos Estados Unidos.
Lanzouse ás 22:48 horas EST dun 31 de xaneiro de 1958 desde Cabo Canaveral sobre un foguete Juno I como parte do programa norteamericano para o Ano Xeofísico Internacional e como reflexo do lanzamento do Sputnik 1 producido catro meses antes desde o Cosmódromo de Baikonur soviético.
A tecnoloxía do Explorer 1 fora deseñada por un equipo de científicos dirixidos por James Van Allen, e o satélite permitiu descubrir unha rexión de radiación que rodea a Terra e leva o seu nome, cinto de Van Allen.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explorer I |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.