From Wikipedia, the free encyclopedia
Explorer 53, tamén coñecido como SAS 3 (acrónimo de Small Astronomy Satellite 3), foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 7 de maio de 1975 mediante un foguete Scout F1 desde a plataforma de lanzamento San Marco.[1][2][3]
Explorer 53 / SAS 3 | |
---|---|
Representación artística de Explorer 53. | |
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 7 de maio de 1975, 22:45 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Scout F1[1][3] |
Sitio de lanzamento | Plataforma de lanzamento San Marco[1][2] |
Obxectivo da misión | Astronomía en raios X.[1][2] |
Decaemento | 9 de abril de 1979[4] |
NSSDC ID | 1975-037A |
Masa | 196,7 kg[1] |
Potencia | 65 W[1] |
Explorer 53 foi o terceiro e último, tras Uhuru e Explorer 48, da serie de observatorios espaciais SAS para o estudo do ceo en lonxitudes de onda enerxéticas. A misión principal do observatorio foi estudar no rango entre 0,2 e 60 keV (raios X) as fontes extragalácticas e rexistrar a intensidade e espectro de fontes galácticas. Tamén estudou en detalle a fonte coñecida como Scorpio X-1.[1][2][3]
O observatorio tiña forma de caixa duns 145,2 cm de longo e unha envergadura, cos catro paneis solares estendidos, de 470,3 cm. Almacenaba a enerxía procedente dos paneis nunha batería de níquel-cadmio e estabilizábase mediante un volante de inercia e un sistema de control por torque magnético. O observatorio reentrou na atmosfera terrestre o 9 de abril de 1979.[1][2][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.