Remove ads
micóloga, botánica e profesora italiana (1886–1978) From Wikipedia, the free encyclopedia
Giuliana Luigia Evelina Mameli, coñecida como Eva Mameli Calvino, nada en Sassari (illa de Sardeña, Italia) o 12 de febreiro de 1886[1] e finada en Sanremo, o 31 de marzo de 1978,[2] foi unha distinguida micóloga, profesora italiana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Giuliana Luigia Evelina Mameli 12 de febreiro de 1886 Sassari, Italia (pt) |
Morte | 31 de marzo de 1978 (92 anos) Sanremo, Italia (pt) |
Educación | Universidade de Cagliari (pt) Universidade de Pavia |
Actividade | |
Lugar de traballo | Cagliari |
Ocupación | naturalista, micóloga, botánica, xornalista, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Cagliari (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Mameli |
Familia | |
Cónxuxe | Mario Calvino |
Fillos | Italo Calvino, Floriano Calvino |
Irmáns | Efisio Mameli |
Nada nunha familia de clase alta, realiza os estudos de secundaria nunha escola pública cando era algo reservado case exclusivamente para os homes.[1] [3]En 1905 conseguiu a súa primeira licenciatura en matemática pola Universidade de Cagliari. Tras a morte do pai, mudouse coa nai a Pavia,[3] onde o seu irmán Efisio Mameli era profesor de farmacoloxía, química orgánica e de toxicoloxía no Ateneo Pavese onde, en 1907, Eva conseguiu unha nova licenciatura, esta vez en Historia natural.[4]
En 1915, obtivo a libre docencia en botánica;[3] foi a primeira muller en logralo en Italia nesta disciplina.[5] En 1920, acepta a proposta de matrimonio de Mario Calvino e tamén a proposta de marchar a Cuba como investigadora no eido da xenética vexetal.[1] Co seu marido, Mario Calvino, deixou Italia por Cuba en 1920. Foi xefa do departamento de botánica da estación experimental agronómica de Santiago de Las Vegas (A Habana, Cuba) durante tres anos. Tamén traballou durante un ano na estancia de San Manuel en Oriente, Cuba.[6] Acompañada do seu home regresou a Italia en 1925 para establecerse en Sanremo, onde a Mario lle ofreceron a xestión da nova creación Estación Experimental de Floricultura “Orazio Raimondo”.[7] Ela ocuparía alí o cargo de asistente do departamento de botánica.[6] En 1929, Eva traballou activamente nesa Estación Experimental co seu marido.[6]
En 1926 comezou a traballar como profesora de botánica na universidade de Cagliari ata a súa renuncia en 1929.[6]
A primeira dunha longa serie de publicacións (máis de 200) de Eva Mameli Calvino, comezou en 1906, como resultado das súas investigacións levadas a cabo no Xardín Botánico de Cagliari sobre o xénero Fumaria. Un ano despois publicou Sulla flora micologica della Sardegna. Escribiu sobre liquenoloxía, micoloxía, fisioloxía vexetal, despois en xenética aplicada ás plantas ornamentais, fitopatoloxía, e floricultura.[8]
Durante a Primeira guerra mundial, participou como enfermeira na Cruz Vermella no Hospital Gliseri de Pavia[6] e foi condecorada en varias ocasións: recibiu a medalla de prata da Cruz Vermella, unha de bronce do Ministerio do Interior e o premio ás ciencias naturais da Accademia Nazionale dei Lincei en 1919.[3]
En 1930, fundou co seu marido a Sociedade italiana de amigos das flores e logo a revista Il Giardino Fiorito, que dirixiu de 1931 a 1947, onde tamén escribiu varios artigos relativos á protección das aves.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.