avogado e xornalista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Eusebio Alonso Vieites, nado en Santiago de Compostela en 1861 e finado en Moaña o 7 de abril de 1939,[1] foi un avogado e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1861 Santiago de Compostela, España |
Morte | 7 de abril de 1939 (77/78 anos) Moaña, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, político |
Antigo seminarista. Foi redactor xefe de Gaceta de Galicia e El País Gallego, redactor de La Prensa Gallega e foi promotor de El Liberal Compostelano; tivo imprenta propia. Foi director da Cadea da Coruña (1893). Próximo ao socialismo, foi un dos precursores do societarismo proletario compostelán, participou na fundación do Centro Obrero, dirixiu La Voz del Pueblo e sufriu cadea e proceso logo da violenta folga xeral que viviu a cidade en 1898. Foi membro do Centro Republicano de Santiago.
Instalouse en Moaña e en 1900 enfrontouse a Eugenio Sequeiros Matos. Simpatizante do republicanismo radical de Lerroux, foi procesado en 1904 polas súas colaboracións no semanario republicano-federal de Vigo La Lucha. Dende 1906, cando se configurou a liña republicano-radical-lerrouxista en Galicia, colaborou en La Libertad. En 1914, a raíz das escisións que se operan no radical-lerrouxismo de Pontevedra, abandonou o partido e fundou o Partido Radical Autónomo, que ingresou na Conxunción Republicano-Socialista de Pontevedra. Foi organizador e líder principal do agrarismo e o obreirismo de Moaña, creando en 1903 a sociedade La Marina de Moaña, en 1917 era presidente da Sociedade de Agricultores El Porvenir de Moaña e ese mesmo ano foi presidente da Alianza de Cangas, polo que foi procesado con Bernardino González Paz por instigar na folga xeral. En 1917 a Conxunción Republicano-Socialista de Pontevedra propúxoo como candidato á Deputación Provincial. Máis adiante, desconforme co radicalismo das loitas sociais de principios dos anos vinte, moderou as súas posturas políticas achegándose ás teses de Calvo Sotelo. Foi xuíz municipal de Moaña.
Casou en primeiras nupcias con Luísa Mirás Punín e en segundas con Clementina Currás.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.