especie de paxaro From Wikipedia, the free encyclopedia
A Eurypyga helias é unha especie de ave da orde Euripygyformes, única representante do seu xénero (Eurypyga) e da súa familia (Eurypygidae). Habita nas rexións tropicais de América.
Esta é unha ave esvelta cun andar pausado. Mide de 43 a 48 cm, e ten un peso de arredor de 250 gramos. O peteiro é alaranxado coa base de cor negra e o iris avermellado.
A cor das ás é o detalle máis rechamante, son de cor castaña, amarela, negra, branca, oliva e gris con dúas franxas castaña e negra; e desprégaas no cortexo. En voo, pode verse un ocelo grande e escuro en cada á. As cores luminosas tamén se usan para sobresaltar ós predadores potenciais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.