From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos eurostopodinos (Eurostopodinae) é unha das tres subfamilias de aves da orde dos caprimulxiformes nas que, segundo algúns autores, se subdivide a familia dos caprimúlxidos.[1]
Eurostopodinos Eurostopodinae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eurostopodus argus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||
|
Son pequenas aves de ás longas cunha plumaxe críptica combinando as cores gris e marrón para camuflarse cando descansan no chan. Aliméntanse de insectos capturados en voo. Un único ovo branco é colocado directamente no chan e incubado por ambos os pais. Os pitos poden camiñar pouco despois de eclosionar o ovo.
A subfamilia foi descrita en 1988 polos ornitólogos estadounidenses Charles Sibley, Jon Edward Ahlquist e Burt Monroe Jr.[2]
Os eurostopodinos comprenden sete especies existentes en dous xéneros, Eurostopodus e Lyncornis:[3]
Imaxe | Xénero | Especies viventes |
---|---|---|
Eurostopodus |
| |
Lyncornis |
| |
A orde dos caprimulxiformes comprende varias familias de paxaros insectívoros nocturnos, esteatornítidos, podárxidos, nictibíidos, caprimúlxidos e egotélidos.[4] A dos caprimúlxidos normalmente dividíase en dúas subfamilias, cordeilinos e caprimulxinos.[5]. Ás veces, as especies do xénero Eurostopodus foron considerados como unha subfamilia dos caprimúlxidos, pero algúns estudos téñenos como un grupo irmán,[6] mentres que outros trátanos como un clado dentro dos caprimúlxidos,[7]e outros consideran que o xénero Eurostopodus pode non ser monofilético.[8][9][10] Pero ultimamente considérase a este xénero, xunto con Lyncornis, como unha subfalilia dos caprimúlxidos.[2]
Os eurostopodinos son grandes en comparación con moitos caprimúlxidos, pero polo demais teñen unha estrutura similar. Son de ás longas e de rabo longo, e son lixeiros para a zona das ás, o que os fai poderosos e áxiles no voo. Unha diferenza importante dos caprimúlxidos típicos é a falta de serdas ao redor do peteiro. Son nocturnos e teñen un tapetum lucidum reflectante na parte posterior do ollo. Os picos son pequenos, pero estas aves teñen unha abertura moi grande para atrapar insectos en voo. Os pés e as pernas son pequenos e débiles, e os dedos están parcialmente palmados. A garra do dedo medio ten un peite no seu bordo interior, que pode usarse para o coidado da plumaxe.[8]
A plumaxe está debuxada de forma críptica con marróns e grises, para facer que estas aves que anidan no chan sexan difíciles de ver cando descansan durante o día. Algunhas especies teñen manchas brancas nas ás, e as dúas do xénero Lyncornis (grande e malaio) teñen "orellas" na parte traseira da coroa.[9] Os cantos destas aves son tres ou máis notas repetidas, ás veces con asubíos ou sons burbullantes, e son típicamente emitidas ao amencer ou ao anoitecer.[10]
Os eurostopodinos atópanse desde a China a través do sueste asiático ata Australia. As poboacións tropicais son na súa maioría sedentarias, pero as dúas especies australianas son migrantes parciais. Estas son aves de bosques abertos ou claros e beiras.[10]
Todos os eurostopodinos aliméntanse case na súa totalidade de insectos capturados en voo, normalmente couzas e escaravellos. Cazan no solpor e pola noite, e comen as súas presas na á. O voo é flotante e retorcido,[11] e pode estar intercalado con períodos de repouso no chan, nunha estrada ou nunha árbore.[12] Estas aves beben en voo, planeando baixo sobre a auga e mergullando o peteiro.[11]
Non se constrúe ningún niño, o único ovo branco ponse directamente no chan ou sobre follas. A femia incuba o ovo durante o día, confiando principalmente no excelente camuflaxe da plumaxe para evitar os depredadores. O macho toma a incubación durante a noite, pero descansa a certa distancia cando a femia está criando.[13] Se é necesario, a femia tentará distraer o intruso lonxe dos ovos, ou realizar unha exhibición de defensa con ás abertas, gorxa inflada e sons sibilantes. Os ovos eclosionan en tres ou catro semanas, e as crías poden camiñar pouco despois de eclosionar. Os pitos son alimentados por ambos os pais.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.