From Wikipedia, the free encyclopedia
Europa ( pronunciación (axuda · info)) foi o nome dunha serie de foguetes europeos desenvolvidos na década de 1960 pola ELDO (European Launcher Development Organisation) e composta polo Europa I e o Europa II.[1][2][3]
Europa I / Europa II | |
---|---|
Función | Lanzador espacial lixeiro |
país de orixe | Europa[1][2] |
Tamaño | |
altura | 33,0 m (Europa I)[1], 31,7 m (Europa II) [3] |
diámetro | 3,05 m[1][3] |
masa | 104.670 kg (Europa I)[1], 111.700 kg (Europa II)[3] |
Etapas | 3 (Europa I)[1], 4 (Europa II)[3] |
Carga LEO | |
masa | 200 kg (Europa I)[1], 1160 kg (Europa II)[3] |
Carga GTO | |
masa | 360 kg (Europa II)[3] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1][3] |
Sitios | Woomera (Europa I)[1], Centro Espacial de Kourou (Europa II)[2][3] |
Total de lanzamentos | 7 (Europa I)[1], 1 (Europa II)[2][3] |
exitosos | 2 (Europa I)[1], 0 (Europa II)[2][3] |
fallos | 5 (Europa I)[1], 1 (Europa II)[3] |
Voo inaugural | 23 de maio de 1966 (Europa I)[1], 5 de novembro de 1971 (Europa II)[1][2] (lanzamento único) |
Último voo | 12 de xuño de 1970 (Europa I)[1][2] |
Primeira etapa – Blue Streak[1][2][3] | |
altura | 18,75 m[1] |
diámetro | 3,05 m[1] |
masa baleiro | 6997 kg[1] |
masa cheo | 89.406 kg[1] |
impulsado por | 2 RZ.2[1][2] |
potencia máxima | 1672,671 kN[1] |
Impulso específico | 282 s (248 s a nivel do mar)[1] |
propelente | Queroseno/oxíxeno líquido[1] |
Segunda etapa – Coralie[1][2] | |
altura | 5,70 m[1] |
diámetro | 2,00 m[1] |
masa baleiro | 2099 kg[1] |
masa cheo | 11.894 kg[1] |
impulsado por | 4 Vexin A[1] |
potencia máxima | 274,0 kN[1] |
Impulso específico | 277 s (240 s a nivel do mar)[1] |
propelente | Tetróxido de nitróxeno/UDMH[1] |
Terceira etapa – Astris[1][2] | |
altura | 3,36 m[1] |
diámetro | 2,00 m[1] |
masa baleiro | 610 kg[1] |
masa cheo | 3370 kg[1] |
impulsado por | 1 Astris[1] |
potencia máxima | 23,33 kN[1] |
Impulso específico | 310 s[1] |
propelente | Tetróxido de nitróxeno/Aerozine 50[1] |
Cuarta (só Europa II) etapa – P068[2][3] | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os foguetes Europa foron os primeiros lanzadores espaciais desenvolvidos por unha organización europea. O Europa I estaba formados por unha primeira etapa británica Blue Streak, unha segunda etapa francesa Coralie e unha terceira etapa alemá Astris, e o Europa II levaba unha cuarta etapa adicional P068. A cofia foi desenvolvida por Italia e os sistemas de seguimento do foguete, polos Países Baixos e Bélxica. Australia tamén participou no proxecto a cambiou do uso das instalación de lanzamento en Woomera. Só dous dos oito lanzamentos de proba tiveron éxito e o proxecto finalmente foi cancelado para dar paso ó desenvolvemento dos foguetes Ariane por parte da sucesora da ELDO, a ESA.[1][2][3]
O plan para as probas dos foguetes tiña tres partes:
De todas as fases, só a 1 finalizou con éxito. Todos os voos da fase 2 foron un fracaso, cos fallos concentrándose nas etapas 2 e 3. Para compensar os fallos, lanzouse un foguete adicional durante a etapa 2, que tamén fracasou. Fíxose un último intento cun Europa II, simplemente engadindo unha cuarta etapa, pero tampouco tivo éxito, poñendo fin ó programa de foguetes Europa. Tralo peche do programa, o Reino Unido abandonou a ELDO, dando fin ao mesmo tempo á organización. O programa de lanzadores renacería baixo a ESA e o liderado francés, o que daría lugar ós foguetes Ariane.
Voo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 23 de maio de 1966 | Woomera | N/A | Éxito. | Primeiro voo suborbital con só a primeira etapa. |
2 | 14 de novembro de 1966 | Woomera | N/A | Éxito | Segundo voo suborbital con só a primeira etapa. |
3 | 4 de agosto de 1967 | Woomera | N/A | Fallo | Fallo da segunda etapa. |
4 | 4 de decembro de 1967 | Woomera | N/A | Fallo | Fallo da segunda etapa. |
5 | 29 de novembro de 1968 | Woomera | N/A | Fallo | Fallo da terceira etapa. |
6 | 2 de xullo de 1969 | Woomera | N/A | Fallo | Fallo da terceira etapa. |
7 | 12 de xuño de 1970 | Woomera | N/A | Fallo | A cofia non se separou. |
8 | 5 de novembro de 1971 | Centro Espacial de Kourou | N/A | Fallo | Fallo estrutural da etapa 3. Fin dos voos dos foguetes Europa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.