Remove ads
poeta italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Eugenio Montale, nado en Xénova o 12 de outubro de 1896 e finado en Milán o 12 de setembro de 1981, foi un poeta, ensaísta e crítico de música italiano. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1975.
Eugenio Montale era o sexto e último fillo dunha familia de prósperos comerciantes de produtos químicos de Xénova. Os seus pais eran provedores, entre outros da familia de Italo Svevo. Montale tivo dificultades de saúde durante a infancia, que o obrigaron a interromper os seus estudos. A súa irmá Mariana encargouse do seu coidado. Quería ser cantante e, ao retomar os seus estudos formais, tomou paralelamente clases de canto. A súa afección pola música reflectiríase en moitos dos seus poemas e levaríao finalmente, na súa madurez, a exercer a crítica musical. Obtivo o título de contador, carreira á que o orientou o seu pai. Leu avidamente, durante a súa mocidade e adolescencia, aos simbolistas franceses. Sen mestres, aprendeu francés e inglés.
En 1917, foi incorporado ao exército e participou na primeira guerra mundial, experiencia que tamén tería resonancia na súa poesía. En 1925, asina un famoso manifesto dos intelectuais contra o fascismo, documento inspirado polo filósofo Benedetto Croce. Trasládase a Florencia para traballar na editorial Bemporad. Coñece á muller coa que establecerá unha relación profunda, e que durará moitos anos, Drusilla Tanzi. Neste período moi importante é a colaboración co famoso café literario Giubbe Rosse. En 1929 é nomeado director do prestixioso Gabinete Vieusseux, unha das bibliotecas e arquivos máis interesantes do seu tempo, e que atrae a intelectuais do país e do estranxeiro. O poeta T. S. Eliot traduce os seus poemas ao inglés.
Logo de dez anos á fronte do Gabinete Vieusseux, o goberno fascista déixao cesante. Durante a segunda guerra mundial, hospeda na súa casa a escritores perseguidos, como Umberto Saba e Carlo Levi. Neses anos de guerra, adícase á tradución de autores como Miguel de Cervantes, Christopher Marlowe, Herman Melville, Mark Twain e William Faulkner. Logo da guerra, emprégase como crítico de música no diario Corriere de la Sera, de Milán.
Viaxa por Europa e aos Estados Unidos. Outórganlle o doutoramento honoris causa na Universidade de Milán. Recibe o importante premio Feltrinelli. casa con Drusilla Tanzi en 1962, ela morre ao ano seguinte. En 1966, é nomeado senador vitalicio polo presidente Giuseppe Saragat. Obtén o Nobel en 1975.
A obra poética de Montale está integrada dentro da corrente do hermetismo, e caracterízase pola súa austeridade, brevidade, unha sintaxe sinuosa pero dunha grande inclinación nas cousas e feitos concretos.
A enumeración de lugares e a descrición de escenas e escenarios constitúe unha especie de neosimbolismo na cal obxectos e sucesos parecen funcionar como signos e analoxías dunha paisaxe interior. Os seus críticos sinalaron que moitas referencias nos seus poemas son claves íntimas que só poderían ser explicadas polo poeta, pero crean unha enorme suxestión no lector, que á súa vez atopa posibilidades de lectura que exceden o marco biográfico. O mundo circundante, tan presente na obra de Montale, é como o espello no cal este ser humano baleiro e illado intenta atoparse en si mesmo. Nunha entrevista imaxinaria, o autor sinalou:
A poesía é unha forma de coñecemento dun mundo escuro que sentimos contorna a nós pero que en realidade ten as súas raíces en nós mesmos.
O ano 1975 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura «pola súa poesía distintiva que, con gran sensibilidade artística, interpretou valores humanos baixo o signo dunha perspectiva de vida sen ilusións».
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.