especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O eucalipto do maná (Eucalyptus viminalis) é unha árbore perennifolia da familia das mirtáceas pertencente ao xénero eucalipto. Diferénciase da especie predominante en Galiza, o Eucalyptus globulus, na súa casca de cor branca-crema, nas súas follas máis estreitas e nas súas flores máis cativas.
Eucalipto do Maná | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eucaliptus viminalis | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Eucalyptus viminalis' Labill. 1806 | |||||||||||||||||||||||
Distribución natural de Eucalyptus viminalis en Australia |
É unha árbore forte, rexa, erecta, de 50 m de altura, coa casca engurrada e pólas moi longas. Ás veces acada maiores talles, a máis alta descuberta chega aos 89 m de altura.[1]
E. viminalis está amplamente distribuído nas áreas máis frescas de Australia, onde as súas follas son o alimento favorito do coala.[2] O zume ten un 5-15% azucre, facéndoa parte esencial do balance de enerxía dos mamíferos marsupiais arbóreos.
As subespecies son nativas da illa Kangaroo e de Mount Lofty Ranges.
En Galiza aparece cultivada e ocasionalmente naturalizada no litoral.
subsp. pryoriana (L.A.S.Johnson) Brooker & Slee, Muelleria 9: 80 (1996).
subsp. viminalis.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.