From Wikipedia, the free encyclopedia
En álxebra abstracta, unha estrutura alxébrica é unha reunión dun conxunto E e dun número finito de operacións, internas ou externas, definidas nel. O conxunto E chámase soporte da estrutura e un mesmo soporte pode formar diversas estruturas.
Para representar abreviadamente unha estrutura, escríbese entre paréntese a letra que indica o conxunto de soporte e os signos das operacións. Por exemplo: (E , + , * , .K) describe unha estrutura que ten un soporte E e as operacións internas (+) e (*), e a externa (.) con dominio de operadores K.
As distintas estruturas alxébricas clasifícanse segundo as propiedades que cumpren as operacións sobre un conxunto determinado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.