From Wikipedia, the free encyclopedia
A esporulación é un tipo de reprodución asexual que dá lugar tanto a esporas como a endósporas.[1][2]
En cada organismo a esporulación pode verse favorecida ou desencadeada por circunstancias medioambientais adversas, como falta de dispoñibilidade de nutrientes,[3] ou de luz;[4] e pode formar parte do ciclo de vida normal durante a reprodución.[5]
A bacteria Bacillus subtilis e o fungo do pan (Neurospora crassa) úsanse frecuentemente no laboratorio como organismos modelo nos estudos de esporulación. Nos animais a meiose produce gametos, pero nas plantas e nos fungos, en cambio, produce esporas.
As esporas son estruturas resistentes, constan dunha soa célula protexida por unha grosa envoltura que lles permite resistiren condicións ambientais desfavorábeis.
O procedemiento da esporulación nos fungos segue unha serie de etapas:[6]
Este proceso de reprodución consiste na división do núcleo en diferentes partes, as cales se rodean polo citoplasma e, desta forma, prodúcese a conformación das esporas; este proceso de reprodución prodúcese asexualmente por medio de mitosporas e na culminación dun proceso de reprodución sexual por medio de esporulación meiótica. Este proceso é un proceso de diferenciación celular co fin da xeración de esporas e a súa expulsión ao ambiente. Este tipo de reprodución prodúcese en fungos, e tamén en amebas, liques, e en casos específicos de bacterias, protozoos esporófitos e, frecuentemente, en vexetais.
Algunhas plantas son capaces de reproducírense con este sistema tendo incluso partes encargadas da formación de esporas: esas rexións coñécense como esporanxios e están situadas no revés das follas, que se encarga da produción de esporas. Estas plantas alternan o mecanismo de reprodución cunha reprodución sexual de tal maneira que os fillos poden seren producidos tanto por reprodución sexual como asexual.
O proceso de esporulación nas bacterias segue esta serie de etapas:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.