From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Cangas ten unha antigüidade comprobada de cando menos 200 anos, mais en realidade é moito máis antigo, xa que data (con leves variacións) da Idade Media, cando as terras de Cangas pasan a depender directamente dos arcebispos de Santiago de Compostela e constrúese o castelo arcebispal de Darbo.[1]
Foron, polo tanto, os arcebispos composteláns os que lles deron estas armas a Cangas. Por iso no escudo predominan os elementos xacobeos (dende o bastón de peregrino, á tumba do Apóstolo ou a cruz de Santiago e as vieiras -nótese ademais que o propio santo patrón de Cangas é o Apóstolo Santiago, e a el está consagrada a antiga colexiata da vila). Soamente o sol heráldico (que forma parte tamén da bandeira) é un elemento “autóctono”, un antigo símbolo da vila.
Dende hai uns anos, dada a complexidade do escudo e especialmente a dificultade de reprodución dos lambrequíns, adoptouse unha forma simplificada do mesmo, hoxe amplamente empregado na rotulación e para fins turísticos, aínda que carece de oficialidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.