Ernst Ludwig Kirchner

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ernst Ludwig Kirchner

Ernst Ludwig Kirchner, nado en Aschaffenburg o 6 de maio de 1880 e finado en Frauenkirch (Suíza) o 15 de xuño de 1938, foi un pintor alemán, un dos máximos expoñentes do expresionismo e principal impulsor do grupo alemán Die Brücke ('A ponte').

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ernst Ludwig Kirchner
Thumb
Biografía
Nacemento6 de maio de 1880
Aschaffenburg (Imperio Alemán)
Morte15 de xuño de 1938 (58 anos)
Davos Frauenkirch, Suíza (en)
Causa da mortesuicidio, ferida por arma de fogo
Lugar de sepulturaWaldfriedhof Davos (en)
Outros nomesLouis de Marsalle
Grupo étnicoPobo alemán
EducaciónTechnische Universität Dresden
Actividade
Campo de traballoPintura e artes visuais
Lugar de traballo Berlín
Dresden
Núremberg
Ocupaciónpintor, gravador, deseñador, debuxante arquitectónico, debuxante, escultor, fotógrafo, artista gráfico, ilustrador, artista visual
Membro de
Interesado enImperio colonial alemán
Xénero artísticoRetrato, Arte de paisaxes, pintura de xénero, nudez na arte, pintura de animais e Natureza morta
MovementoExpresionismo e expressionism (en)
Catálogo críticoErnst Ludwig Kirchner catalog (en) (1968)
Carreira militar
ConflitoPrimeira guerra mundial
Participou en
28 de xuño de 1964Documenta III
11 de xullo de 1959Documenta II (en)
16 de xullo de 1955documenta (en)
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaIrene Altman (–1921)
Erna Schilling (1912–1938)
Doris Große
Elsbeth Luebke
PaiErnst Kirchner
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кирхнер Эрнст Людвиг)
Obálky knih,
Sitio webernstludwigkirchner.com
WikiTree: Kirchner-774
Pechar
Thumb
Autorretrato de Ernst Ludwig Kirchner caracterizado como un soldado, 1915

Traxectoria

En 1904 traballou no estudio de Wilhelm Debschitz e Herrmann Obrist e coñeceu o gravado en madeira. Neste mesmo ano participou nunha creación do grupo, de ideas revolucionarias e unha intensa actividade en común, aínda que non tiveron un recoñecemento inmediato. Kirchner comezou a pintar de forma autodidáctica ao tempo que estudaba arquitectura na Technische Hochschule de Dresden na que obtivo o diploma en 1905; tratou de derivar as formas naturais a simplificacións radicais, e mesmo ás veces, brutais.

En obras como Autorretrato con modelo (1907, Hamburgo), as súas liñas marcadas e as súas cores desentoadas crean un sentido de emoción violenta. O seu interese pola arte primitiva viuse reflectida tanta na súa obra como nos mobles e murais que fabricou para o estudio que compartía con Heckel nunha antiga carnizaría do barrio obreiro.

En outubro de 1911 trasladouse a Berlín onde pintou as obras máis significativas do expresionismo alemán e comezou a ter certo éxito que lle levou a ser seleccionado para o Armory Show (1913, exposición de arte contemporánea europea en Nova York).

Especialmente as obras máis características eran representacións de mulleres como Cinco mulleres na rúa, nas que se burla mediante a distorsión grotesca, da artificialidade amaneirada e da sociedade berlinesa.

En 1915 a súa saúde física e mental foise deteriorando e trasladouse a Davos, Suíza, onde viviu illado ata o final da súa vida. Comezou de novo a pintar e a escribir crítica de arte baixo o pseudónimo de Louis de Marsalle.

En 1937 os nazis, cando chegaron ó poder en Alemaña, considerárono un artista dexenerado e, confiscaron 639 das súas pinturas. Kirchner sufriu un recaída do seu estado depresivo e suicidouse en xuño de 1938.

A súa obra mantivo sempre a simplificación e a deformación expresionista da forma e o uso arbitrario da cor. Como os demais pintores expresionistas de Die Brücke, evolucionou desde un primeiro momento de influencia de Van Gogh a un estilo mas sintético e bidimensional, de pinceladas grosas e unha maior autonomía da cor.

A súa temática estivo nun principio dedicada á paisaxe, con ou sen figuras, e ó espido. Xa en Suíza pintou paisaxes nas que acentuou a compoñente mística.

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.